CORPOS QUE NON SON LENZOS
A mitoloxía Yoruba, que procede de Nixeria e Berín, di que todos temos un Ori, unha enerxía que
nos elixe e aséntase no noso ser até antes de nacer, ao concibirse, mentres o
noso corpo moldéase. Así determina a nosa alma, é a parte espiritual que
envolve o noso físico.
O Ori é quen somos en esencia e é o que identifica Laolu
Senbanjo (máis coñecido como Laolu) para crear “The Sacred Art of the Ori”, o
pintor de corpos elexido hoxe para a nosa entrada do blog.
Como di Laolu é unha experiencia espiritual
entre pintor e modelo. Unha vivencia íntima non tanto na medida en que o corpo
espido daquel a quen pinta é usado como lenzo, se non tal e como explica o
artista nixeriano, no sentido de que conectamos as nosas mentes, corpos e almas
a un nivel superior. Eu pinto o seu espírito e a súa alma desde esa conexión.
Isto dános a vida.
Aquí tedes algunha das súas pinturas. Son tan fermosas que estamos seguras de que dan vida, alegría, espiritualidade...
Este é un vídeo do proceso de creación de Lalou:
Ningún comentario:
Publicar un comentario