Hoxe imos coñecer a explicación da expresión “Salvarse polos pelos”
Esta frase que tod@s coñecemos, ven do eido mariñeiro. Determina que se evitou unha situación complicada por moi
pouco ou alguén se librou dalgún dano no último momento. A súa orixe é certamente
curiosa.
En tempos pasados, para enrolarse nun navío non era
necesrio saber nadar, fose cal fose o cargo. E, entre a tripulación, era
habitual recomendar aos novatos que se afundían no auga deixarse crecer unha
longa melena para que, en caso de caer pola borda, fosen máis visibles na
oleaxe e tivesen máis posibilidades de ser rescatados. De feito, a longa
cabeleira era o mellor asidero para sacar da auga a alguén que se estaba
afogando, pois a roupa adoita desgarrarse e a pel húmida resulta esvaradiza.
Por iso, até os que sabían nadar preferían ter o pelo ben longo.
E se non que llo digan a Johnny Deep na película - Piratas do Caribe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario