Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras textiles
tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras
condicións nas que traballaban.
Distintos movementos sucedéronse a partir desa data.
O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para
aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a
disminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos
seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres
queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao
dono da fábrica como resposta á folga.
En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional
de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100
mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller
Traballadora.
E aquí tedes un corto para reflexionar - Fémina Domus _
Ningún comentario:
Publicar un comentario