NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 6 de outubro de 2015

SABEDES QUE ...?

UN DOS PIRATAS MÁIS FAMOSOS DO MUNDO É O PIRATA BARBANEGRA?

Edward Teach, máis coñecido como Barbanegra, foi un dos piratas máis famosos da historia e un dos máis temidos do seu tempo.

A bordo do seu barco, o Queen Annes Revenge (A vinganza da Raíña Ana), asucou a costa occidental de África e o Caribe atacando a outros barcos de diversas nacionalidades e, a pesar de que as súas aventuras non duraron moito máis que un ano entre 1717 e 1718, estas foron tan intensas e notorias que marcaron para sempre a historia da piratería e convertérono na figura misteriosa e fascinante que é hoxe en día, unha que xorde tanto de elementos históricos como de mitos e lendas.

Uns arqueólogos estadounidenses descubriron novos elementos vinculados a Barbanegra, o seu barco e a súa tripulación, así que aproveitamos para contarche de que se tratan estes descubrimentos, entre outros fascinantes datos do pirata máis famoso e temible.





O pasado de Barbanegra

Pouco se sabe acerca da vida temperá de Barbanegra, antes de que se convertese en pirata e se establecera na illa New Providence das Bahamas.

Estímase que naceu en 1680, en Bristol, Inglaterra, e que probablemente foi un corsario durante a Guerra da Raíña Ana (1702-1713), na que Francia e o Reino Unido disputáronse o control de Norteamérica.

A vinganza da Raíña Ana

No ano 1717, Barbanegra capturou un barco mercante francés, equipouno con 40 canóns e o renombrou Queen Annes Revenge, que foi a súa ferramenta máis valiosa durante as súas aventuras de pirata e valeulle a súa consabida fama.

Segundo di a lenda, o barco estaba enmeigado e obedecía todas as ordes do seu capitán.





 Perdón? Non, grazas.

En maio de 1718, logo de bloquear o porto de Charleston (hoxe unha cidade estadounidense do estado de Carolina do Sur), Barbanegra foi perseguido e atacado polas autoridades. O Queen Annes Revenge quedou encallado, polo que Barbanegra tivo que escapar cun grupo reducido da súa tripulación noutro barco máis pequeno (algúns consideran que encallou o barco deliberadamente para que se puidese dispersar a súa tripulación e non fosen todos atrapados).

Xa sen o seu barco e radicado por obrigación en Bath Town (Carolina do Norte), recibiu o perdón oficial por parte do gobernador da cidade. Con todo, a vida tranquila non era para Barbanegra, e pouco tempo despois xa estaba novamente a bordo do seu Queen Annes Revenge e exercendo a piratería, ignorando o perdón do gobernador.

Morte de Barbanegra

O gobernador de Virginia, Alexander Spotswood, entón, organizou un equipo de soldados e mariñeiros coa misión de capturar ou asasinar a Barbanegra, cousa que fixeron en novembro de 1718.

O Queen Annes Revenge afundiuse na enseada de Beaufort, en Carolina do Norte, e Barbanegra morreu.




Descubrimento arqueolóxico

No ano 1996, os restos do Queen Annes Revenge foron descubertos no Océano Atlántico e varias das seus partes :artillería, canóns, artefactos, foron desde entón reconstruídas e recuperadas.

Tratamentos médicos

O descubrimento máis recente é que facendo un estudo do barco descubriron varios dispositivos médicos, que eran utilizados a bordo do Queen Annes Revenge para tratar de manter á tripulación sa e, sobre todo, con vida.

Algúns deles locen realmente aterradores. Por exemplo, esta xiringa que se utilizaba na uretra para curar a sífilis, unha enfermidade de transmisión sexual que podía ser fatal para os tripulantes.




 Aspecto intimidante

Evidentemente, o trazo físico máis notorio do gran pirata Edward Teach era a súa longa e tupida barba negra, que lle daba un aspecto realmente intimidante e impoñente. Para aumentar este efecto e atemorizar aínda máis aos seus inimigos, dise que adoitaba atar fusibles acesos debaixo do seu chapeu.




Métodos non (do todo) violentos

Con todo, tamén se documentou a Barbanegra como un líder calculador e astuto, pero que rexeitaba o uso da forza ou da violencia extrema, preferindo en cambio escorrentar a aqueles que roubaba simplemente meténdolles  medo co seu aspecto físico.

Non tan malo.

Contrariamente á imaxe dun malvado pirata que poderiamos ter na actualidade, Barbanegra sempre comandaba os seus barcos coa aprobación de toda a súa tripulación, e non hai rexistros de que algunha vez fixera dano ou asasinase a aqueles que mantiña cautivos.

Todo isto contribuíu a esa imaxe romántica e idealizada que se ten hoxe en día de Barbanegra

Legado

O gran legado de Barbanegra pódese notar coas múltiples versións ficticias deste gran pirata que nos deu o cinema, a literatura e a televisión.

Barbanegra apareceu en series de televisión como Doutor Who, Os Simpson e Once Upon a Time. A serie de 2014 Crossbones ten a John Malkovich como protagonista no papel de Barbanegra, e a trama, situada en 1729, imaxina un escenario alternativo no que o pirata en realidade non morreu en 1718 senón que estaba escondido nunha illa das Bahamas.


Por outra banda, moitos trazaron unha inevitable comparación entre Barbanegra e o pirata máis coñecido da cultura popular, Jack Sparrow (Johnny Depp). Precisamente na cuarta película de Piratas do Caribe, Barbanegra é o principal vilán, e Jack Sparrow refírese a el como o pirata ao que todos os piratas temen







Ningún comentario:

Publicar un comentario