OS INICIOS DA PINTURA
Os homes primitivos empezaron a debuxar hai miles de anos, mesmo
antes de que empezasen a escribir ou a construír casas.
Os nosos antepasados crían que as pinturas tiñan poderes
fantásticos, e talvez facíanas con algún propósito relixioso ou máxico.
As pinturas máis antigas que se coñecen foron feitas nas paredes
de covas e teñen máis de 35,000 anos.
Estas pinturas preserváronse por que foron feitas dentro da terra
e estiveron illadas da choiva, o sol e o vento.
Hai algunhas que se conservan en tan bo estado que parecese que
foron pintadas hai tan só uns poucos anos.
Os homes primitivos pintaron sobre as rochas, eles seguiron as
liñas, as fendiduras e os saíntes da pedra para darlle volume aos animais.
Pintaron animais que existían naquela época, como os mamut,
os osos cavernarios e os leóns primitivos.
Algunhas das figuras as delineaban soamente, mentres que outras as
coloreaban para que se visen máis sólidas.
Debuxaban algunhas veces uns animais sobre outros para dar a
sensación de que ían en manda e estábanse movendo.
En moitísimas covas ao redor do mundo atopáronse este tipo de
pinturas primitivas, é imposible saber exactamente con que propósito
pintábanas, pero podemos intuir que eran moi importantes para eles, xa que os
artistas que as crearon puxeron moito esforzo, traballo e destrezas no seu
traballo.
Aquí tedes un video para que vexades o fermosas que son as pinturas das "Covas de Altamira". Estas covas están en Santilla del Mar (Cantabria).
Ningún comentario:
Publicar un comentario