NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

mércores, 8 de abril de 2015

SABEDES QUE ...

HAI VARIOS TIPOS DE TARTARUGAS?




Imos a empezar polas tartarugas mariñas.

As tartarugas mariñas son reptiles con cuncha que existen hai mais de 150 millóns de anos e puidieron sobrevivir a todos o cambios do planeta.
Tiveron a súa orixe na terra, pero pouco a pouco foron evolucionando e adaptándose ao medio mariño, diferenciándose do resto dos réptiles.
Existen oito especies de tartarugas mariñas, agrupadas en dúas familias, e xeralmente viven en mares mornos ou cálidos. Desas especies cinco encóntranse no Brasil. Na Costa Andaluza hai exemplares de dúas especies, a tartaruga laúde, e a tartaruga boba. O resto de especies son a tartaruga verde, tartaruga carei, tartaruga bastarda e tartaruga olivácea.


Neste vídeo, poderedes ver as súas características:


O outro gran grupo de tartarugas, son as de terra. E dentro delas as mais famosas son as tartarugas das Galápagos. Aquí tedes un video para contemplalas en toda a súa grandeza.



Como xa sabedes moito sobre tartarugas, e seguro que moitos víchedes a película "Buscando a Nemo", aquí tedes a famosa escena das tartarugas. Que a disfrutedes!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario