HAI VARIOS TIPOS DE TARTARUGAS?
Imos a empezar polas tartarugas mariñas.
As tartarugas mariñas son reptiles con cuncha que existen
hai mais de 150 millóns de anos e puidieron sobrevivir a todos o cambios do
planeta.
Tiveron a súa orixe na terra, pero pouco a pouco foron
evolucionando e adaptándose ao medio mariño, diferenciándose do resto dos
réptiles.
Existen oito especies de tartarugas mariñas, agrupadas en
dúas familias, e xeralmente viven en mares mornos ou cálidos. Desas especies
cinco encóntranse no Brasil. Na Costa Andaluza hai exemplares de dúas especies,
a tartaruga laúde, e a tartaruga boba. O resto de especies son a tartaruga
verde, tartaruga carei, tartaruga bastarda e tartaruga olivácea.
Neste vídeo, poderedes ver
as súas características:
O outro gran grupo de tartarugas, son as de terra. E
dentro delas as mais famosas son as tartarugas das Galápagos. Aquí tedes un
video para contemplalas en toda a súa grandeza.
Como xa sabedes moito sobre tartarugas, e seguro que
moitos víchedes a película "Buscando a Nemo", aquí tedes a famosa
escena das tartarugas. Que a disfrutedes!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario