Moitos
, moitos anos atrás había un mago que quería facerse co mundo, pero unha fada,
a raíña das fadas, detívoo encerrándoo nun selo máxico. Pero o selo foise
desgastando e Malvacho, que así se chamaba o mago, liberouse. A raíña
encontrouse con dúas fadas novas e
aventureiras; e contoulles o que pasara.
As fadas mozas chamábanse Yessica e Marina; as dúas quixeron axudar á raíña.
Pasados
tres meses, Malvacho deuse a coñecer na aldea das fadas:
_
Eu son Malvacho, inclinádevos ante min_ ordenou con cara victoriosa.
_
Ja. Ja, ja, ja_ riron todos cando Malvacho pronunciou o seu nome.
Pero
Malvacho non estaba disposto a escoitar eso e petrificounos a todos, excepto á
raíña, a Yessica e a Marina que naqueles tres meses se fixeran máis fortes e
prepararan un plan.
Primeiro
terían que alonxar a Malvacho da aldea, para que non quedara todo destruído,
levárono a unha cova oculta detrás dunha fervenza, despois Yessica fixo de cebo
para Malvacho:
_
Aquí, aquí, ven a por min se te atreves!_ berrou sacándolle a lingua.
_
Non debes desafiarme, destruireite!_ contestoulle Malvacho perseguíndoa.
Yessica
non era tan tonta como Malvacho, ela tiña unha idea: puxéralle unha trampa.
Pero xusto cando ía caer nela…
_
Plas!
Foi
Yessica a que caeu na súa propia trampa, alguén a empuxara.
Malvacho
fixera un conxuro e agora había dous coma el.
_ Que
mala sorte!_ Queixouse Marina.
_
Non te preocupes, Marina, tira agora!_ pediulle Yessica.
Marina
tirou dunha corda e os Malvachos quedaron encerrados nunhas gaiolas.
Yessica
saíu da súa rede ; coa axuda da raíña levaron a Malvacho á cova e cun conconxuro de levitación volveron a
encerralo baixo o selo máxico,só que desta vez era moito, moito máis poderoso. Malvacho xa non se podería liberar nunca máis,
xa que o selo non se desgastaría.
E
así foi como a raíña, Yessica e Marina salvaron o mundo.
Yennifer Angelina Quintana
de la cruz, 5º A
Yennifer inventaches un conto moi fermoso.
ResponderEliminarEstou vendo que os rapaces(as) de 5º A sodes moi bos inventando contos.
Biquiños