NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 15 de maio de 2012

A muralla de Lugo

Esta redacción foi finalista este ano nun concurso de redacción convocado polo  diario "O Progreso " de Lugo.


A muralla de Lugo

A muralla de Lugo é xa un símbolo para Galicia. Os seus máis de dous quilómetros, as súas setenta e cinco torres e o seu bo estado de conservación son unhas das moitas razóns polas que se converteu nun monumento histórico.

No ano 2000 conseguíu por fin ser nomeada patrimonio da humanidade pola súa beleza e historia.

Encantaríame vivir cando a construíron, ver como con moito esforzo é traballo, coas antigas ferramentas, a levantaron pouco a pouco. Gustaríame poder viaxar no tempo e observar cos meus amigos como traballaban e admirar como estaría recén rematada, con todas as pedras novas, os arcos completos, as portas de madeira e ferro…

 A muralla de Lugo é coma un gran xigante valente e ousado que protexe o seu corazón dos malvados que intenten conquistalo.

 Antes, cando perduraban as guerras, a muralla era un escudo xigante que protexía o pobo dos bárbaros e mantía feliz á xente.  Era un símbolo de liberdade; de esforzo e de traballo. Unha verdadeira obra de arte construída polos antigos poboadores de Lugo.

 Agora, mentres lugueses e visitantes pasean por enriba dela segue a ser un símbolo, un exemplo de fortaleza do pobo galego, de que xuntos  podemos conseguir moitas cousas , paso a paso e pedra a pedra, e que as cousas ben feitas e para o ben do pobo perduran a través do tempo para sempre xamais.

Ariadna Díaz Terrazo, 5º A

2 comentarios:

  1. Ariadna felicítote pola redacción.Non me extraña que quedara finalista porque esta moi ben feita.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  2. Ariadna,felicítote pola redacción.É normal que quedara finalista porque está moi ben .
    Biquiños

    ResponderEliminar