O 3 de novembro de 1928, nacía o escritor galego Xosé Neira Vilas, autor dun dos libros máis coñecidos para todos e todas as lectoras en lingua galega.
Este libro ten un dos comezos máis fermosos da nosa literatura e titúlase, Memorias dun neno labrego.
Comeza así...
Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesar do que lle aconteceu por causa miña.No verán ando descalzo. O po quente dos ca- miños faime alancar. Magóanme as areas e nunca falta algunha brocha para espetárseme nos pés. Érgome con noite pecha, ás dúas ou tres da mañá, para ir co gando, restrebar ou xuntar monllos. Cando amañece xa me doe o lombo e as pernas. Pero o día comeza. Sede, sol, moxardos.
No inverno, frío. Ganas de estar arreo ó pé do lume. Muíños apeados. Faladurías de neves e lobos. Os brazos son coma espeteiras para encolgar farrapos. Murnas, fridas, dedos sen tentos.
!Que saben disto os nenos da vila!
Eles ignoran o que eu penso mentres boto ó
corpo un gurrucho de caldo con broa. Ou o que
sinto cando estou no monte pingando, atereci-
do, vendo por entre a chuvia un fantasma bre-
temoso en cada árbore.
A aldea é unha mestura de lama e fume, onde
os cans ouvean e a xente morre «cando está
da man de Deus», como di a madriña. Os rapa-
ces somos tristes. Enredamos, corremos tras
dos foguetes e ata rimos, pero somos tristes.
Temo a probreza e os trafegos da terra aniña-
dos nos ollos.
Eu quixera andar mundo. Ir por mares e terrras
que non coñezo. Nacín e crieime na aldea pero
agora síntoa pequena, estreita. Coma se vivise
nun cortizo. Teño pensamentos que non lle podo
contar a ninguén. Algúns non me entenderían
e outros chamaríanme tolo. Por iso escribo.
Xosé Neira Vilas
Ningún comentario:
Publicar un comentario