NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

domingo, 24 de abril de 2022

SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA.

O sábado 23 de abril, foi o Día do Libro, aínda que para nós todos os días o son, sen dúbida sabemos que ben merece un día especial. Como non merecer un día así, ese obxecto que nos acompaña en viaxes, coas emocións, en aventuras que nos levan a illas descoñecidas, a coñecer o esforzo de corredoras que loitan pola igualdade e pola paixón, saber que aínda que sexas tan pequena como una formiga, podes descubrir mundos novos e vivir experiencias interesantes sempre que teñas a curiosidade de aprender. Isto e moito máis aprendemos nos libros, pero o máis importante é, que grazas a eles, podemos converternos en persoas máis libres que saben respectar as opinións doutras persoas aínda que non coincidan coas nosas e que cando lemos información sobre diferentes temas somos quen de distinguir a que é verdade da que pode ter erros.

Os libros, son os compañeiros da nosa imaxinación de da nosa liberdade. Velaquí un vídeo dalgúns compañeiros e compañeiras que falan da súa experiencia no noso Club Lector, Tusitalas, da visita á Biblioteca Ágora e da presenza de autoras e autores na nosa biblioteca.

Moitas grazas polas vosas xenerosas e interesantes aportacións!!! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario