NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 23 de novembro de 2021

25N DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES. XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA


Levamos varios mércores lendo e reflexionando sobre a importancia da empatía. Nesta semana, na que é o 25 N, Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres, debemos ter en conta que unhas das mellores estratexias para reducir a violencia é a empatía.

Sabemos que a empatía é ter a capacidade de entender e poñernos no lugar das outras persoas, sexan do xénero que sexan. 



É importante aprender a recibir e respectar os "NON".  Debemos saber que non se van cumprir todos os nosos desexos polo feito de que queramos que así sexa. Que hai que deixar de insistir até que a outra persoa faga algo que non desexa.
É moi importante saber recibir un "NON", saber dalo, e saber sostelo. Con isto podemos evitar unha morea de violencias cotiás, de machismos, porque é moi importante respectar os límites que nos marcan outras persoas.
É importante o 25N, si. Pero non pode quedar nun eslogan posto nunha camiseta ou nunha pancarta, iso o pode levar calquera. O verdadeiramente importante é saber dicir NON cando é necesario e o empático é respectalo.

Velaquí dous vídeos moi interesantes para que reflexionedes sobre o amor , os estereotipos e os distintos tipos de amor.


La importancia del amor



Amor romántico e estereotipos.





Ningún comentario:

Publicar un comentario