NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

venres, 26 de febreiro de 2021

RAKONTO VERDE

 Como sabedes o mércores 24 de febreiro foi o Día de Rosalía e as nenas e nenos de 6º prantaron unha camelia na honra da nosa poeta máis querida.

Velaquí tedes as imaxes desta especial homenaxe que a Natureza  será quen de repetir ano tras anos agasallándonos coa súa "flor de inverno".

Sabedes que as camelisa son das poucas flores que aparecen no inverno? Xa dicía Cunqueiro que as camelias son coma luces no inverno galego.

Animádevos a pescudar sobre a camelia, compartide as súas curiosidades, que son moitas e moi interesantes.

Ah! E moi importante! O luns 22 de marzo todas as aportacións recibidas terán un agasallo para recibir a primavera.

Ollade que fermosura de fotografías!!!

e

Moitas grazas as nosas xardineiras e xardineiros!




Ningún comentario:

Publicar un comentario