Páxinas
▼
Pages - Menu
▼
xoves, 31 de xaneiro de 2019
mércores, 30 de xaneiro de 2019
martes, 29 de xaneiro de 2019
DÍA DA PAZ
DECÁLOGO PARA O DÍA DA PAZ
Ti, es alguén moi importante. Quérete
Valora as túas amigas e amigos. Daraslles seguridade.
Descobre todo o que te une aos demais por riba do que te separa.
Respecta as opinións. Así contribuirás ao diálogo.
Aprende a escoitar. Comprenderás mellor as todas as persoas.
Cumpre coas túas obrigas. As demais persoas o precisan.
Traballa en grupo. Ninguén sabe máis que todxs xuntxs.
Comparte. Serás máis feliz.
Pon PAZ dentro de ti, deste xeito tamén a estarás poñendo ao teu redor.
luns, 28 de xaneiro de 2019
RECOMENDAMOS
Hoxe a nosa entrada é moi especial. Tivemos a sorte de que Xiana, Paula e Olga, de 5º, contárannos o conto "O monstro de cores"; e despois todas e todos xuntos, cantamos unha canción sobre as emocións.
Moitas grazas ás conta contos, e as nenas e nenos de EI, polo seu entusiasmo e a atención que prestaron ao conto.
As fotografías:
O vídeo:
domingo, 27 de xaneiro de 2019
martes, 22 de xaneiro de 2019
GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA
Ela é a actriz Nerea Barros, naceu en Santiago de Compostela, traballou como erfermeira no hospital clínico de Santiago, pero Nerea quería ser actriz. Fixo distintos papeis en series e no ano 2014 gañou un Goya, a mellor actriz revelación, pola súa interpretación na película "La isla mínima"
luns, 21 de xaneiro de 2019
domingo, 20 de xaneiro de 2019
xoves, 17 de xaneiro de 2019
mércores, 16 de xaneiro de 2019
martes, 15 de xaneiro de 2019
GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA
Sabedes que esta ano celébrase o Dakar con máis mulleres da historia deste duro e intenso rally?
Dezasete mulleres, enfróntanse ás duras dunas de Perú, durante dez etapas con saída e chegada a Lima.
A pioneira é a catalana Laia Sanz.
Neste vídeo podedes coñecela un pouco máis:
domingo, 13 de xaneiro de 2019
xoves, 10 de xaneiro de 2019
mércores, 9 de xaneiro de 2019
martes, 8 de xaneiro de 2019
GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA
O pasado 18 de decembro deixounos María Jesús Rosa. Ela foi a primeira boxeadora en gañar un Campionato do Mundo de peso minimosca no ano 2003.
O 5 de marzo do 2002, tras noquear a Viktoria Varga, converteuse na campiona de Europa de peso mosca, premio que revalidou en tres ocasións máis ese mesmo ano. Pelexou con grandes boxeadoras como a estadounidense Terri Moss, á que arrebatou o campionato do mundo WIBF peso minimosca o 6 de novembro de 2003.
Sempre será recordada polo seu sorriso e a súa forma de competir.
Unha muller que foi unha pioneira nun deporte no que normalmente compiten homes, pero que grazas a mulleres bravas como María Jesús Rosa, outras teñen xa o camiño aberto.
Que a terra lle sexa leve.