Páxinas

Pages - Menu

domingo, 17 de xuño de 2018

LÉMONOS O VINDEIRO CURSO. FELIZ VERÁN!!!

Moitas grazas pola vosa xenerosidade. Por contarnos contos, representar obras, aprender a xogar ao xadrez, compartir lecturas, recomendar libros, debater, soñar... por todo o que dades coa vosa presenza na biblioteca.
Grazas moi especiais ao Personal da Biblioteca. Sen o voso traballo e compañerismo non sería posible compartir tanto.

LÉMONOS!!!

FELIZ VERÁN!!!






FESTIVAL FIN DE CURSO

Moitos parabéns a todas e todos por este Fermoso Festival de fin de curso, que demostra que o traballo en equipo sempre ten resultados fermosos. 
A comunidade educativa do CEIP. Raquel Camacho, demostráchedes, un ano máis, que sodes marabillos@s.




































DESPEDIDA AS NOSAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DE 6º

Marchades, si. Mais só marchades deste edificio que foi o voso colexio durante nove anos, ou menos nalgúns casos; xa que no noso corazón sempre quedaran as vosas risas, as olladas cómplices, os momentos de preocupación, a ilusión, as vosas caras atentas a ese libro que vos ten engachad@s, a esa película que en principio non vos apetecía pero que logo resultou interesante... todo isto e moito máis queda con nós.

O futuro, como todos os futuros, terá luces e sombras; loitade polas luces, xa que non tedes que dubidar, nin un intre, que sodes luminos@s e que conseguiredes o que vos propoñades con esforzo e ilusión.

MOITA SORTE NESTA NOVA ANDAINA!!!





NON ESQUEZADES QUE O AMOR É O ÚNICO CAMIÑO E QUE O RESPECTO Á DIFERENZA É O DERRADEIRO CAMIÑO CARA A IGUALDADE.





mércores, 13 de xuño de 2018

CURIOSEANDO

Tom Bob é un artista urbano que esta empeñado en encher de fantasía as rúas, dando un toque de cor e alegría á paisaxe urbana.
Mirade que divertidas poderían ser as cidades:














martes, 12 de xuño de 2018

PALABRAS QUE NOS ACHEGAN


OBSERVAR




Pensades que observando, tamén podemos achegarnos ás demais persoas?

luns, 11 de xuño de 2018

RECOMENDAMOS

Este venres tivemos a sorte de recibir a visita de Fina Casalderrey. Veu na compaña da memoria da súa prezada María Victoria Moreno e canto aprendimos. Coñecímos a unha María Victoria nena, adolescente, adulta.. a unha persoa xenerosa, mestra entusiasta e inventora de soños que levaba aos seus libros para que tod@s poidamos compartilos con ela.

Moi agradecid@s a Fina Casalderrey por encher de fermosas palabras a nosa biblioteca.