A literatura como hábitat sentipensante: na biblioteca do colexio público Raquel Camacho, no barrio da Agra de Orzán, na Coruña. Xente marabillosa de 30 nacionalidades de orixe. pic.twitter.com/aKjG29z8fX— manuel rivas barrós (@Rivasbarrs) 27 febreiro 2018
Este foi o chío que escribiu o propio protagonista, porque onte a nosa biblioteca tivo unha visita moi especial: a palabra, os soños, a literatura, os piratas... e todo na voz do escritor Manuel Rivas.
Como vos contamos, hai un fermoso verso dun poema de Rivas que di:
Somos o que soñamos ser
E iso foi o que fixo o noso autor, entregarnos o seus soños, os libros ... recitarnos un poema...
...falar do importante que é a literatura nas nosas vidas. Que a palabra, a narración oral foi o primeiro que fixemos como humanos. Como de neno escoitaba aos seus pais, tío e tías, contar contos ao carón da lareira.
Contounos que estivo enfermo de pequeno e que pasou os días lendo libros: Robin Hood, a Illa do Tesouro... e que xa non quería saír do seu cuarto.
Despois de dúas horas de conversa, Manuel Rivas a través da palabra oral convenceunos de que podemos ser o que soñamos ser, non o esquezades.
Moitas grazas ao autor e moitas grazas @s alumn@s de 6º A e B polo seu saber estar, escoitar e participar; e tamén @s tit@res: Ángeles e Alberto.
Así foi:
Ningún comentario:
Publicar un comentario