O RÍO ARCO DA VELLA
O río Caño Cristais é un verdadeiro arcoíris fluvial. Atópase no medio dos Chairos orientais de Colombia, rodeado dunha flora e unha fauna exuberantes e extremadamente diversa (estímase que a biodiversidade ornitolóxica é a maior do mundo)
Este río tamén se coñece como «O río que se escapou do Paraíso», pois máis que auga, o río parece arrastrar o arco da vella misturando as súas cores co fluir da auga.
O segredo das súas cores
Estas cores tan variadas prodúcense pola presenza dunha planta acuática chamada a Macarena Clavijera.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo deste fermoso e peculiar río.
Esperamos que vos guste!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario