NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 22 de novembro de 2016

SABEDES QUE ...

NO CONTINENTE AFRICANO HAI UN PINGÜIN CHAMADO, "PINGÜIN DO CABO"?

Resultado de imagen de PINGÜINO DEL CABO


Resultado de imagen de PINGÜINO DEL CABO




 A QUE É GRACIOSO? IMOS A COÑECER ALGO MÁIS SOBRE EL:

O pingüín do Cabo, chamado tamén pingüín de Jakass, mide uns sesenta centímetros de longo total. Adáptase tamén a climas tépedos, polo tanto vive en zonas que non son excesivamente frías; aniña na parte meridional de África e ás veces ata en Natal e Angola. É o que comunmente se exhibe nos xardíns zoolóxicos do mundo.

Tamén é o máis común nas peliculas de animación:

Resultado de imagen de PINGÜINO DEL CABO




Todo o torpes que parecen os pingüíns camiñando, deixan de selo cando están no mar. Alí vólvense veloces como un corredor de fondo e áxiles coma se fosen soldados dunha guerra que non poden perder. O inimigo de sempre espéralles dentro da auga, aínda que nos últimos séculos o ser humano ocupou ese podio facendo que a poboación de pingüín africano mingüe de tal maneira que só quedan na actualidade ao redor de 50.000 exemplares (catro veces menos que no ano 2000 e un 99% menos que a principios do século XX).

Pingüinos africanos en Stony Point (Betty`s Bay, Sudáfrica)


E aqui tedes un viedo dun afeccionado, e os pingüins en movemento:


Ningún comentario:

Publicar un comentario