Na Biblioteca poderedes atopar moitas novidades. Entre todas elas, este libro da escritora Ledicia Costas, que de seguro vos vai a gustar moito.
O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas
súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos
culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida
avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da
nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén,
e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a
instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para
iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se
converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en
levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo. O Libro de Receitas da Tremenda
acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco
perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira
defunta.
XA SABEDES ... CORREDE A COLLELO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario