"A filla do ladrón de bicicletas" de Teresa González Costa.
Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona
Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun
circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van
enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello
Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.
A filla do ladrón de bicicletas foi
ilustrada por Jacobo Fernández Serrano e recomendada para lectores de 11 anos
en diante.
Interesante, non si?
Ningún comentario:
Publicar un comentario