NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 19 de novembro de 2015

E TI, QUE PINTAS?

O PINTOR SIMBOLISTA GUSTAV KLIMT







Gustav Klimt é un dos pintores máis coñecidos na actualidade. As súas pinturas foron reproducidas ata a saciedade e algunhas das súas obras alcanzaron grandes sumas nas últimas poxas de arte, o que axudou a encumbrar ao artista como un dos grandes xenios do século XX.
Gustav Klimt, era de orixe austriaco. Naceu en Braumgarten en 1862. unha cidade que se atopaba preto de Viena, no seo dunha familia humilde. O seu pai era gravador de ouro, aínda que o ambiente cultural na casa foi importante porque a súa nai quixo dedicarse ao canto, mais  nunca puido polas súas obrigacións.
A pesar de que os seus pais non podían darlles estudos, Klimt conseguiu unha bolsa para poder asistir á Escola de Artes e Oficios de Viena, onde pasou sete anos que lle serviron para formarse como pintor e decorador de interiores.

Existen múltiples influencias na obra de Gustav Klimt, considéraselle un pintor simbolista, aínda que podemos dicir que se atopa preto da pintura modernista.
É moi complicado expresar as características do modernismo en pintura. Estamos afeitos a falar de arquitectura modernista, ornamentos modernistas, mobles modernistas, pero é moi escaso o número de pintores modernistas. É máis fácil tentar expresar o movemento, a curva e a imitación de formas da natureza en arquitectura que en pintura.



Unha das novidades, por dicilo dalgunha maneira, que incorpora Klimt aos seus cadros, é a utilización de pan de ouro, que lle dá unha decoración especial ás súas obras, serán as realizadas a partir do ano 1900 algunhas das máis coñecidas do artista. Lembremos que o seu pai era gravador de ouro, polo tanto era un estilo que aprendera na súa propia casa e axudáballe a dar un colorido especial aos seus traballos xunto a elementos ornamentais de vivas cores.
A muller é unha das representacións máis importantes na súa obra, o corpo da muller, da que trata de extraer distintas facetas do seu carácter. Esa predilección que sentía pola muller  vese reflectido na súa obra.

Coñeceu o éxito en vida e iso permitiulle vivir de maneira desafogada debido á venda das súas obras e aos distintos encargos que recibiu durante a súa vida. Faleceu no ano 1918.

Iste é un dos seus crados mais famosos " O bico". É realmente fermoso.



Neste video poderedes escoitar algunhas curiosidades sobre este cadro.


E por último esta obra, na que tamén podemos percibir o gusto que tiña Klimt por pintar á muller.

Esta pintura foi primeiro unha ilustración nunha revista famosa da época. Como vedes na parte de arriba hai un texto, que di o seguinte:" Se non podes gustar a todos cos teus feitos e a túa arte, gusta entón a uns poucos. Non vale a pena gustar a moitos. Schiller". (Schiller é un filósofo alemán) e a Klimt gústaballe moito a filosofía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario