As
formigas pódense comunicar entre elas utilizando as feromonas, que son sinais
químicos que poden emitir co seu corpo. Así os adoitan deixar na terra, para
que as outras formigas poidan ulir as mensaxes.
Logo,
poden captar todo tipo de olores coas súas longas antenas móbiles, que son tan
sensibles que lles permite coñecer a intensidade e a procedencia do olor en
cuestión. Razón pola cal aparecen como por arte de maxia
apenas derrames azucre sobre a mesa.
Así,
cando unha formiga exploradora descobre alimento, deixa un rastro cando volve
ao formigueiro, que pode ser seguido logo por miles de formigas
obreiras cual GPS animal. E se vai cambiando se algunha
das formigas encontra un camiño máis directo, ou se por algunha razón o camiño
quedou bloqueado.
Unha
formiga pode sobrevivir varias semanas baixo a auga.
A
colonia de formigas máis grande do mundo descubriuse en 2002. Esta super
colonia ten millóns de formigas que viven en millóns de formigueiros. Ten unha extensión
de 5.793.6384 quilómetros, dende Italia ata o noroeste de España, e
dicir, ata Galicia.
A
formiga é capaz de levantar 50 veces o seu propio peso e 30 veces o volume do
seu corpo.
A
formiga cae sempre cara á dereita cando esta intoxicada
Non
teñen pulmóns. Respiran a través de pequenos orificios aos costados denominados
espiráculos
Existen
dende hai case 100 millóns de anos e encóntranse en case todo tipo
de medioambiente terrestre
Cando unha formiga quere atraer a atención dalgunha
outra, palpa coas súas antenas a cabeza da compañeira. As formigas comunícanse
mediante a química, o tacto, o son, o olor e a vista.
E por último que saibades que, como nós este ano no
colexio ... hai formigas capaces de
cultivar. Levan raíces e sementes ao almacén do seu formigueiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario