martes, 13 de outubro de 2026

A MAXIA DOS INVENTOS E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.

Queredes empezar a coñecer algúns dos inventos máis importantes da historia? Pois aquí vos deixamos un vídeo para que os vaides coñecendo.

Ah! E neste enlace do noso Instagram, podedes atopar os libros que van chegando sobre o proxecto: A maxia dos inventos e os medio de comunicación.

https://www.instagram.com/reel/Dd4Cg_Hu2Yo/?utm_source=ig_web_copy_link&stkn=MzRlODBiNWFlZA==




xoves, 8 de outubro de 2026

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

Como todos os cursos, continuamos cunha das actividades que máis nos gusta, recomendar libros. Así que xa sabedes, a partir da vindeira semana, só tedes que vir á biblioteca e gravamos a vosa recomendación do libro que  estades a ler neste momento o de algún que líchedes este verán.

É, como recordatorio, vos deixamos o vídeo de despedida dalgún dos compañeiros e compañeiras que formaron parte da Comunidade de Booktubers.

Vémonos!!!




martes, 6 de outubro de 2026

O PROXECTO DESTE CURSO É: A MAXIA DOS INVENTOS E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.

Este curso imos coñecer como empezamos a comunicarnos os seres humanos, porque ao mellor pensades que a linguaxe existe desde as primeiras persoas que habitaron o planeta terra, pero non foi así, mais semana a semana, neste blog e nas aulas, aprenderemos como foi a creación da linguaxe tan importante e tan fermosa.

Mais tamén coñeceremos os inventos e as persoas que os inventaron e, que con ese acto de imaxinación, conseguiron que fósemos evolucionando como especie. 

Como vedes, o proxecto promete e estamos seguras de que será moi interesante e sorprendente todo o que aprendamos ao longo deste curso. 

Pero queremos empezar cunha chiscadela! Ollade esta imaxe. Hai comunicación ou non? E, se hai comunicación, de que tipo?




domingo, 4 de outubro de 2026

Benvidas e benvidos!!!

Aquí estamos, un curso máis, neste lugar de encontro no que podemos falar de libros, cine, do noso proxecto, das diversas culturas que nos conforman, e no que podedes participar propoñendo entradas sobre temas do voso interese.

E, como todos os anos, queremos empezar o curso con amor e empatía, por iso vos deixamos esta curta de animación: Invention of Love!