Hoxe, na nosa Comunidade de Booktubers, Dánica de 3ºB, recoméndanos un libro escrito por unha muller que, afortunadamente, non precisa de seudónimo para escribir, ela é a escritora María Parr, e escribiu esta fermosa historia, Tania Val de Lumbre,. A protagonista é unha rapaza de cabelo roibo e o seu apelido é o mesmo que o lugar en que vive, un pequeno e remoto val. As dúas cousas que máis lle gustan son: deslizarse en trineo por Cerro Chico ao berro de Velocidade e autoestima! , e enfadar ao malvado Klaus Hagen, que odia aos nenos e nenas. O seu mellor amigo é Gunnvald, un home de setenta e catro anos moi interesante, como tamén é este libro.
Escoitade a Dánica!!!
Moitas grazas, Dánica!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario