A partir de hoxe, e durante toda a semana, teremos no noso blog vídeos de mulleres que queren compartir con nós palabras que son especiais para elas.
Velaí o noso xeito de participar no Día da Muller desde a nosa biblioteca. Coa palabra!
A primeira delas é a autora Eli Ríos. Seguro que moitxs de vós xa a coñecedes polo seu marabilloso libro Marta e a pintega, que tivemos a sorte de ler e logo partillar con ela na nosa biblioteca.
Moitas grazas Eli, pola túa palabra de palabras!
Ningún comentario:
Publicar un comentario