Páxinas

Pages - Menu

xoves, 30 de xaneiro de 2020

200 ANOS DE CONCEPCIÓN ARENAL

Hoxe, 31 de xaneiro, lembramos o nacemento da escritora, xornalista, activista social e feminista, Concepción Arenal. Nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820.
Aquí vos deixamos un vídeo para que coñezades a interesante vida desta muller.




mércores, 29 de xaneiro de 2020

PALABRAS PARA UNHA IMAXE

                    Cales son as vosas palabras para esta imaxe?




martes, 28 de xaneiro de 2020

SON DE PALABRA

A nosa palabra de hoxe, non pode ser outra que...



PAZ




A orixe da palabra PAZ, ven do latín pax, cuxo significado é acordar ou facer un trato. A este acordo chégase sempre de forma pacífica, buscando a igualdade e a xustiza para todas as persoas.

luns, 27 de xaneiro de 2020

RECOMENDAMOS

Hoxe no recomendamos,  apetécenos lembrar a canción máis famosa para celebrar o Día da Paz, Imagine de John Lennon, que é tamén un fermoso poema.



xoves, 23 de xaneiro de 2020

VENRES DE VIÑETA

Esta semana concedérenso o Premio Fervenzas de Literatura Galega, e o mellor libro de banda deseñada dos publicados no 2019 foi...O Bichero IX de Luís Dávila.
Velaí a nosa homenaxe.






mércores, 22 de xaneiro de 2020

PALABRAS PARA UNHA IMAXE

Cales son as vosas palabras para esta imaxe?


Portada do libro Irmá paxaro de Tamara Andrés, ilustración de María Montes. Editorial Cuarto de Inverno.

martes, 21 de xaneiro de 2020

SON DE PALABRA

A palabra de hoxe é ...

FAISCAS



FAISCA: partícula con lume ou xa reducida a cinsa, que salta dun corpo que arde. Tamén pode recibir o nome de: charamela, charetas, charamusca, muxica...

Fermosa palabra en galego, non é?

domingo, 19 de xaneiro de 2020

RECOMENDAMOS

Hoxe no recomendamos, animamos a que todas e todos escribades poesías ou Haikus e os deixedes non caixón da poesía que hai na biblioteca. Tedes até o venres 21 de febreiro. O día 24 de febreiro, coincidindo co Día de Rosalía de Castro, faremos entrega dun premio á mellor poesía.

Ánimo poetas. Este é o voso espacio!!!



CONTOS CURTOS

Pois aínda que hoxe 20 de xaneiro din que é o día máis triste do ano, nós, imos botar unha risas con conciencia e responsabilidade.


mércores, 15 de xaneiro de 2020

martes, 14 de xaneiro de 2020

SON DE PALABRA


Aquí tedes seis palabras que teñen moito que ver co noso planeta. Sabedes o seu significado e a importancia que teñen nas nosas vidas?

CLIMA
DESXEO
DESERTIZACIÓN
INUNDACIÓN
ECOSISTEMA
ENERXÍA RENOVABLE

luns, 13 de xaneiro de 2020

RECOMENDAMOS


Hoxe no recomendamos queremos que leades e pensedes neste poema de Antonio García Teijeiro, un dos noso poetas máis coñecidos e que ten máis poemarios escritos para a rapazada.

Voz sen verbas:
silencio.
Mar sen auga:
deserto.
Sol sen raios:
misterio.
Luz sen brillo:
coitelo.
Man sen man:
un berro.
Dor sen laios:
o tempo.
Eu sen ti:
inferno.

domingo, 12 de xaneiro de 2020

CONTOS CURTOS



A IMPORTANCIA DE POÑERSE NO LUGAR DAS DEMAIS PERSOAS,



xoves, 9 de xaneiro de 2020

VENRES DE VIÑETA

                                                                          Viñeta de Luis Davila

mércores, 8 de xaneiro de 2020

PALABRAS PARA UNHA IMAXE

           Cales son as vosas palabras para esta imaxe?

                                                                Autor: Bansky


martes, 7 de xaneiro de 2020

SON DE PALABRA

Desde o ano 2014 O Portal das Palabras, ao que podedes acceder desde o noso blog, elixe, xunto a Real Academia da Lingua Galega e a Fundación Barrié, cal é a palabra do ano. Esta iniciativa naceu para dar a coñecer o léxico galego.
A palabra elexida por maior número de votos no 2019 foi...


Sentidiño deriva de sentido, que procede do latino sentire, «percibir polos sentidos». Sentido ten varias acepcións no Dicionario da Real Academia Galega, pero no contexto da votación a máis acaída é a cuarta: «Capacidade mental de actuar de maneira razoable e correcta». É interesante o engadido do sufixo -iño, que, segundo os académicos, neste caso non implica un matiz de pequenez, senón que reforza esa «calidade de sensato»Sentidiño ten tamén equivalentes próximos noutras linguas, como son o caso do seny catalán, o buonsenso italiano, o bon sens francés ou o bom senso portugués.

Así que xa sabedes, actuade con sentidiño e non vos irá nada mal.