Hoxe, na biblioteca do noso colexio, na que hai moitos libros escritos por mulleres que narran fermosas e afoutas historias, teremos a sorte de coñecer a algunhas das mulleres que fixeron posible o proxecto "Mulleres bravas da nosa historia" . Algunhas delas son...
A editora (Urco editora)
Andrea Jamardo Seijo.

A escritora.
Maria Reimóndez

A ilustadora.
Eva Agra

E a escritora.
Eli Ríos.

Todas elas son mulleres bravas, que seguen a abrir camiños que outras empezaron. A palabra, o activismo, e o traballo diario, son as súas mellores sementes para que vós, rapazas e rapaces, recollades os froitos e continuedes abrindo xanelas de igualdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario