Joana Rowling
É unha escritora e produtora de cinema británica, principalmente coñecida por ser a creadora da serie de libros Harry Potter, cuxa idea foi concibida durante unha viaxe en tren de Mánchester ata Londres en 1990.
Os libros de Harry Potter conseguiron moitas lectoras e lectores, gañado múltiples premios e vendendo máis de 450 millóns de copias. En xuño de 1990, mentres viaxaba nun tren durante catro horas desde Mánchester ata Londres, xurdiu na súa mente, a idea dunha escola de magos. «De súpeto, a idea de Harry apareceu na miña imaxinación, simplemente. Non podo dicir por que, ou que a desencadeou, pero vin a idea de Harry e da escola de magos moi explicitamente. De súpeto, tiven a idea básica dun neno que non sabía quen era, que non sabía que era meigo ata que recibiu unha invitación para asistir a unha escola de maxia. Non estiven nunca tan entusiasmada cunha idea».«Non sei de onde proveu a idea», díxolle ao Boston Globe, «Comezou con Harry, e daquela todos os personaxes e situacións afloraron na miña cabeza». Cando chegou ao seu apartamento, comezou a escribir inmediatamente.
Con todo, en decembro do mesmo ano, faleceu a nai de Rowling, tras unha batalla de dez anos coa esclerose múltiple. Rowling comentou «Estaba a escribir Harry Potter no momento en que a miña nai morreu. Xamais puiden falarlle sobre Harry Potter». Rowling dixo que este falecemento afectou profundamente o seu traballo como escritora, e que incluíu moitos máis detalles acerca da perda de Harry no primeiro libro, porque sabía como sentía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario