Queridas amiguiñas
e amiguiños:
Sei que estaredes preocupados
por que o luns non vos mandei unha carta, pero estou moi tristeiro y non podía
escribir nada.
Seguro que xa
sabedes porque poño esta fotografía. Esta fin de semana houbo moitos incendios
en Galicia. Arderon moitos bosques e morreron moitos animais. Aos gnomos, que
como sabedes, vivimos nos bosques, isto ponnos moi tristes xa que é o noso
fogar.
Os bosques son moi
importantes para todos nós, sin eles non poderíamos respirar, son como os nosos
pulmóns. Por iso, temos que querelos e coidalos moito.
Cando vaiades a
pasear polo campo ou por un bosque, nunca prendades lume, vixiade que os
maiores non tiren gabichas e se ides a comer, non tiredes papeis no chan,
gardadeos nunha bolsa e despois tirades o lixo nun contenedor.
Tamén é moi
importante que os maiores coiden e manteñan limpo o campo, e que non se planten
tantos eucaliptos que non son bos para a nosa terra e arden con moita
facilidade.
Xa sabedessssss…
COIDADE OS BOSQUES.
BICOS GNOMICOS
SEMPRE CO NARIZ.
HERCULINO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario