Ola a
tod@sssss:
Xa queda só
unha semana para que cheguen as vacacións e quero despedirme de vós ata o
vindeiro curso.
Eu tamén vou facer unha viaxe, teño ganas de ver aos meus amigos do bosque do Freixo
Branco. Pasaremos as tardes comendo froitos do bosque e lendo os nosos libros
preferidos. Pola noite contaremos historias á luz da lúa e contaremos
chistessss de gnomos que, aínda que sempre son os mesmos, non deixamos de rir
como se fose a primeira vez que os contamos.
Foi un
pracer pasar este curso con vós. En setembro teredes noticias miñas outra vez e
pasaremos o curso xuntos.
Moitas
grazas polos poemas, pola axuda cando non sabía como resolver algún problema.
Espero que
leades moito durante as vacacións, seguro que si, por iso sodes tan sabios.
GRANDES
BICOS GNOMICOSSSSS. SSSSEMPRE CO NARIZ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario