Durante os seguintes martes imos ter un RECOMENDAMOS especial. Faremos un percorrido polas escenas do cine máis famosas relacionadas cos libros e a lectura.
A primeira non pode ser outra que a da película "El club de los poetas muertos". Esta escena en unha das máis famosas.
Cando o mestre de literatura John Keating, un apaixonado dos libros que logra transmitir aos seus alumnos o goce pola lectura, é expulsado do colexio no que traballa, os rapaces, que tanto disfrutaran aprendendo con el, reaccionan así:
Esta é unha das famosas frases do mestre John Keating: Na miña clase aprenderán a
pensar por vostedes mesmos. Aprenderán a saborear a palabra e a linguaxe.
Porque, a pesar do que lles digan, a palabra e as ideas poden cambiar o mundo.
Oh Capitán! Mi capitán — din os alumnos na derradeira escena da película. Así empeza un dos poemas máis famosos da literatura do século XIX nos EEUU. Foi escrito polo poeta Walt Whitman, ao que o Sr. Keating admiraba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario