Páxinas

Pages - Menu

xoves, 27 de abril de 2017

AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOVAS

Así de fermoso é o poema que escribiu a poeta Rosalía Fernández Rial para o Día do Libro.




A inspiración
dos personaxes
intrigantes
converten
o libro que sostés
nun fol de acordeón.
Por iso, mentres les, zoa
na tua cabeza
a música da maxia ceiba.
Cando remates 
o capítulo
lembra pechar
a saída do aire
co marcapáxinas
e garda dentro
as cancións imaxinadas.

HERCULINO FIXO UNHA VISITA A AULA DE 4º DE EI A


Así nos conta Keiler a visita de Herculino a aula de 4º de EI A.

Este Herculino é tremendo, anda paseando polo colexio e nunca se sabe por onde pode aparecer.

Moitas grazas Keiler por contárnolo!!!






mércores, 26 de abril de 2017

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA

Así de fermosas locen as aulas de 4ºA e 4ºB  co proxecto África. 

SODES FANTÁSTICOS!!!

















martes, 25 de abril de 2017

luns, 24 de abril de 2017

RECOMENDAMOS

Durante os seguintes martes imos ter un RECOMENDAMOS especial. Faremos un percorrido polas escenas do cine máis famosas relacionadas cos libros e a lectura.
A primeira non pode ser outra que a da película "El club de los poetas muertos". Esta escena en unha das máis famosas.
Cando o mestre de literatura John Keating, un apaixonado dos libros que logra transmitir aos seus alumnos o goce pola lectura, é expulsado do colexio no que traballa, os rapaces, que tanto disfrutaran aprendendo con el, reaccionan así:




Esta é unha das famosas frases do mestre John Keating: Na miña clase aprenderán a pensar por vostedes mesmos. Aprenderán a saborear a palabra e a linguaxe. Porque, a pesar do que lles digan, a palabra e as ideas poden cambiar o mundo.



Oh Capitán! Mi capitán — din os alumnos na derradeira escena da película. Así empeza un dos poemas máis famosos da literatura do século XIX nos EEUU. Foi escrito polo poeta Walt Whitman, ao que o Sr. Keating admiraba.


domingo, 23 de abril de 2017

xoves, 20 de abril de 2017

VENRES DE ENTREVISTA.

Aquí tedes unha entrevista á escritora Laura Gallego. Se logo vos apetece ler algún libro dela, na biblioteca podedes atopar algún, só hai que buscalo.



mércores, 19 de abril de 2017

CANDO AS BIBLIOTECAS VIAXAN.

Poida que o libro sexa quen de chegar a calquera parte do mundo. Pode ser que alguén soñe con levar libros onde non é doado telos. 
E se houbese persoas capaces de facer todo isto realidade? Ollade estas fotografías:



BIBLIOTECA AMBULANTE TOKIO






ETIOPIA




MONGOLIA


ARMA DE DESTRUCCIÓN MASIVA




 BUDAPEST






 CARTAGENA DE INDIAS





 EEUU






 MÉXICO


martes, 18 de abril de 2017

luns, 17 de abril de 2017

RECOMENDAMOS

Xa que imos achegándonos ao día do Libro, hoxe recomendámosvos que sexades felices.


xoves, 6 de abril de 2017

HERCULINO DESÉXAVOS FELICES VACACIÓNS.

Ola nenos e nenas: sodes listossssss, moi listosssss. Estades acertando todas as preguntiñas que vos fago.
Xa sei que empezades as vacacións, asi que como  xa vou maior, aproveito para descansar e facer outrasssss cousas. Ademáis de limpar un pouco a casa que a teño moi sucia, ler tombado debaixo da miña árbore. Aquí no bosque, cada un de nos temos unha árbore que coidamos e tratamos con moito cariño, tamén ela dános sombra e acubillo.
Aos gnomos séntanos moi mal o sol. Un verán queimáronseme as orellas, xa sabedes que as temos moi grandes, e paseino moi mal, que dorrrrr!
Teño coxegas no nariz shssssssss. Isto pásame cando estou moi emocionado, e que o debuxo que me fixechedes os nenos e nenas de 5º A de EI encantoume, RECONCHOLIS, QUE BEN FEITIÑO ESTÁ!!! MOITAS GRAZASSSSS.
Que pasedes unhas felices vacacións. Vémonos á volta.


Bicos de gnomo. Xa sabedes, co nariz. Herculino .





mércores, 5 de abril de 2017

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA E AS ILUSTRACIÓNS DOS SEUS CONTOS.

Como xa sabedes as ilustración son moi importantes nun conto. As veces, elas soas son capaces de contar a historia e outras complementan e axudan a entendela. 
Aquí tedes exemplos de ilustracións de contos africanos. Esperamos que vos gusten.









martes, 4 de abril de 2017

SABEDES QUE...

AGUSTÍN FERNÁDEZ PAZ É UN DOS ESCRITORES MÁIS IMPORTANTES DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL?

Aquí tedes unha entrevista feita pola poeta Tati Mancebo, onde poderedes averiguar porque foi escritor.


luns, 3 de abril de 2017

CELEBRAMOS O DÍA DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL NA NOSA BIBLIOTECA.

Hoxe celebramos da mellor maneira que se pode celebrar o Día da literatura infantil e xuvenil, contando contos.

Moitas grazas ás alumnas e alumnos de 5º por representar "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. E as alumnas de 3º que representaron "A casa da mosca chosca".
Foi tal o éxito, que os dous grupos tiveron que repetir.

Moitas grazas polo voso traballo a tod@s, alumn@s e mestras que facedes posible que a biblioteca sexa un lugar de encontro coa palabra e as historias.

Aquí tedes a reportaxe fotográfica:

"A TOUPIÑA" ALUMN@S DE QUINTO










"A MOSCA CHOSCA" ALUMNAS DE TERCEIRO.
















E a petición de Herculino que, aínda que non se deixou ver  pero estivo escoitando os vosos contos, mándavos este vídeo:


domingo, 2 de abril de 2017

2 DE ABRIL DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Como sabedes cada 2 de abril dedicase a celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, e nós tamén imos facelo como merece.
O luns teremos Conta Contos na biblioteca a cargo de alumnas e alumnos do noso colexio, que escenificaran dous contos "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" e "A casa da mosca chosca". 
Seguro que vos gustaran.
 Por iso o noso "Conto curto" de hoxe é " El increíble niño come libros".