Este fermoso poema de Rosalía de Castro titúlase "Campanas de Bastavales". Estas campás pertencen á Igrexa de San Xoán de Bastavales no municipio de Brión (A Coruña).
05/08/10
Campanas
de Bastabales
Campanas de Bastabales,
cando
vos oio tocar,
mórrome
de soidades.
I
Cando
vos oio tocar,
campaniñas,
campaniñas,
sin
querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio,
penso
que por min chamades,
e das
entrañas me doio.
Dóiome de dor ferida,
que
antes tiña vida enteira
i hoxe
teño media vida.
Sólo media me deixaron
os que
de aló me trouxeron,
os que
de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!,
uns amores toliños,
¡ai!,
uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron,
as
soidades viñeron...
De pena
me consumiron.
II
Aló
pola mañanciña
subo
enriba dos outeiros
lixeiriña,
lixeiriña.
Como unha craba lixeira,
para
oír das campaniñas
a
batalada pirmeira.
A pirmeira da alborada,
que me
traen os airiños
por me
ver máis consolada.
Por me ver menos chorosa,
nas
súas alas ma traen
rebuldeira
e queixumbrosa.
Queixumbrosa e retembrando
por
antre a verde espesura,
por
antre o verde arborado.
E pola verde pradeira,
por
riba da veiga llana,
rebuldeira
e rebuldeira.
III
Paseniño, paseniño,
vou
pola tarde calada
de
Bastabales camiño.
Camiño do meu contento;
i en
tanto o sol non se esconde,
nunha
pedriña me sento.
E sentada estóu mirando
cómo a
lúa vai saindo,
cómo o
sol se vai deitando.
Cál se deita, cál se esconde
mentras
tanto corre a lúa
sin
saberse para dónde.
Para dónde vai tan soia,
sin que
aos tristes que a miramos
nin nos
fale, nin nos oia.
Que si oíra e nos falara,
moitas
cousas lle dixera,
moitas
cousas lle contara.
IV
Cada estrela, o seu diamante;
cada
nube, branca pruma;
triste
a lúa marcha diante.
Diante marcha crarexando
veigas,
prados, montes, ríos,
donde o
día vai faltando.
Falta o día, e noite escura
baixa,
baixa, pouco a pouco,
por
montañas de verdura.
De verdura e de follaxe,
salpicada
de fontiñas
baixo a
sombra do ramaxe.
Do ramaxe donde cantan
paxariños
piadores
que ca
aurora se levantan.
Que ca noite se adormecen
para
que canten os grilos
que cas
sombras aparecen.
V
Corre o vento, o río pasa.
Corren
nubes, nubes corren
camiño
da miña casa.
Miña casa, meu abrigo;
vanse
todos, eu me quedo
sin
compaña nin amigo.
Eu me quedo contemprando
as
laradas das casiñas
por
quen vivo suspirando.
Ven a noite..., morre o día,
as
campanas tocan lonxe
o tocar
da Ave María.
Elas tocan pra que rece;
eu non
rezo, que os saluocos
afogándome
parece
que por
min tén que rezar.
Campanas
de Bastabales,
cando
vos oio tocar,
mórrome
de soidades.
Con parte deste poema fixo, o cantautor Amancio Prada, esta fermosa canción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario