Artistas
Un artista de máscaras é unha persoa respetada e admirada na
tribo. Un aspirante a artista pode aprender as técnicas de tallado en madeira
do seu pai, ou pode ser aprendiz dun mestre tallador. Levaralle anos aprender non
só as técnicas, senón todo o significado relixioso das diferentes
características e materiais. As máscaras que el fai son importantes para a
tribo, non como simples baratixas ou decoracións, senón como obxectos
espirituais de reverencia.
Significado profundo
Cando un bailarín ponse unha máscara africana, non está a actuar.
A máscara é vista como a conexión ao mundo espiritual, e os deuses, espíritos e
devanceiros están convidados a posuír o corpo do bailarín. Así, o bailarín é
considerado coma se fose realmente un deus, espírito ou devanceiro. Esta
experiencia cerimonial é transformadora non só para o bailarín senón para a súa
tribo.
É importante que entendades, que as máscaras africanas, asi como os abalorios que levan na súa vestimenta teñen un significado importante para cada tribo. Non é só unha cuestión estética e moito menos pensedes que é como cando nos disfrazamos no entroido.
Para eles é unha expresión artística con un significado moi profundo e importante.
Aquí tedes un documental sobre máscaras moi interesante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario