NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 10 de decembro de 2015

E TI, QUE PINTAS?


A ARTE POP




A arte pop é un tipo de arte divertida e emocionante que usa imaxes dos medios masivos e da cultura popular para crear obras de arte que en ocasións transmiten unha mensaxe.
Comezou nos anos 50 do século XX, e artistas como Andy Warhol, Keith Haring e Richard Hamilton crearon obras de arte únicas en estilos orixinais que non se viran nunca antes.
Este xoves imos a coñecer a Andy Warhol, probablemente o máis popular de todos eles, e que chegou a máis público, debido tamén a súa personalidade.



Andy Warhol, un dos personaxes máis influentes na pintura da segunda metade do século XX, naceu como Andrew, en Forest City, Pennsylvania, Norteamérica.
Estudou durante catro anos no Carnegie Institute of Tecnology, en Pittsburg; posteriormente graduose en 1949 e partiu a Nova York onde rapidamente comeza a gañar fama como artista comercial, é aquí onde acurta o seu nome a Andy Warhol, por un erro na publicación dun debuxo.
 En 1952 ten a súa primeira exposición individual e para o 55 xa era o famoso pintor comercial de NY.
Nos seguintes anos participa en varias exposicións ata que no ano 60 produce a súa primeira obra baseada en personaxes de cómics e comeza tamén como pioneiro no proceso de óleo e tinta o cal lle permite producir unha serie de imaxes repetitivas, que comeza no 62 co bote de sopas Campbell.
Para Andy a arte era un negocio así como os negocios eran arte, deixábase levar polo seu personaxe o cal era esencial para chamar a atención do cliente, sen este personaxe, que representaba todo o que o home común quixese ser, talvez o éxito fose máis difícil, pero o pintor soubo  aproveitarse da prensa sensacionalista e dalgúns misterios sobre a súa vida para manter a atención sobre el. Andy Warhol borrou a separación entre verdade e fantasía.


Unha das frases máis famosas de Andy Warhol é esta: "No futuro todo o mundo será famoso durante quince minutos. Todo o mundo debería ter dereito a quince minutos de gloria". 

Estas son algunhas das súas obras máis emblemáticas.









E, como non podía ser menos, un artista tan peculiar como Andy Warhol tamén ten a súa canción.


Ningún comentario:

Publicar un comentario