O
berce artístico de Pablo Picasso é A Coruña, ao pé do océano Atlántico, na
esquina oposta ao Mediterráneo que baña a súa Málaga natal e a súa xuventude
barcelonesa. Tratase dun dos maiores xenios do século XX. Picasso iniciouse
como artista na cidade galega na que viviu coa súa familia tan só tres anos e
medio, entre o outono de 1891 e a primavera de 1895, aínda que nun momento
crucial ao tratarse desta etapa ponte da vida na que un muda de neno a
adolescente.
Pablo
Ruiz, que aínda non asinaba co seu apelido materno que convertería en mundial,
tiña apenas 13 anos cando, hai agora exactamente doce décadas, espuxo ao
público os seus primeiros lenzos, primeiro no escaparate do bazar Hernández e
ao mes seguinte nunha tenda de paraugas, ambas as dúas na céntrica rúa Real.
ESTAS SON ALGUNHAS CURIOSIDADES DA SÚA INTERESANTE VIDA.
O
seu verdadeiro nome
O
nome completo do pintor constaba de 23 palabras: Pablo Diego José Francisco de
Paula Juan Nepomuceno María de los Remedios Cipriano de la Santísima Trinidad
Mártir Patricio Clito Ruiz e Picasso. Non obstante, fíxose coñecido
mundialmente como Pablo Picasso.
Creron
que nacera morto.
Logo
de que a súa nai o deu a luz, a parteira creu que estaba morto debido a que non
reaccionou ao momento de nacer. Entón, deixouno recostado nunha mesa para poder
atender á súa nai. O seu tío, presente no lugar, viu a situación e tiroulle
unha bafarada de fume de cigarro enriba, o que fixo reaccionar ó recén nacido.
Le
picador.
O
seu primeiro cadro completouno á tenra idade de 9 anos e chamoulle " Le
Picador". Esta pintura é o retrato dun home xunto ao seu cabalo. A Picasso
encantáballe contar anécdotas da súa nenez. Entre os seus recordos máis
entrañables están os primeiros pasos empurrando unha sillita ou unha
caixa de lata de galletas "Olibet".
Primeira
Comuñón.
Á
idade de 15 anos realizou o seu primeiro obra académica.
Impresionante, non si?
Chamouna
"Primeira Comuñón" e nela aparece o seu pai, chamado José Ruiz
Blasco; a súa nai, chamada María Picasso López; e a súa irmá Lola axeonllados
nun altar. Dise que pintou unha serie de pinturas relixiosas que nunca se
atreveu a vender.
Estudante
rebelde.
A
pesar de ser un grande estudante, Picasso era enviado de xeito frecuente á "sala
de detención". De todos os xeitos, el afirmou que pasaba moi bos momentos nese
lugar porque as súas mestras lle permitían debuxar. Como non lle gustaba
asistir ao colexio, soía inventar algunha doenza ou levábase algún
obxecto do seu pai para que o fose a buscar.
O
Guernica.
O
cadro chamado "Guernica" foi pintado entre os meses de maio e xuño de
1937. Josep Renau, Director Xeral de Belas Artes, pediu a Picasso este cadro
para ser exposto no pavillón español durante a Exposición Internacional de 1937
en París. O obxectivo era atraer a atención internacional á causa republicana
en plena Guerra Civil Española.
Animádevos a buscar información sobre o que pasou en Guernica, e entenderedes esta pintura.
Un
morea de obras.
O
libro de récords Guinness nomeou a Picasso como o artista máis prolífico do
mundo: a súa colección conta con aproximadamente 13.500 pinturas, 100.000
impresións, 34.000 ilustracións e 300 esculturas.
O artista máis roubado.
Picasso foi o artista máis roubado da historia. 350 das súas obras foros obxecto de roubo.
O soño.
"O soño" foi no ano 2013 unha das pinturas máis caras do mundo. Vendeuse en 155 millóns de dólares. É un retrato dunha das súas mulleres.
A
realeza da arte.
Picasso
tiña, obviamente, unha obsesión polas súas pinturas. A súa familia conta que,
cando xa era un artista consagrado, compraba castelos e completaba os seus
cuartos coas súas obras. Unha vez que as paredes dun castelo estaban cheas,
compraba outro palacete e comezaba a completar esta galería privada novamente.
O
misterio da Mona Lisa.
No
ano 1911, a Mona Lisa, o famoso cadro de Leonardo Da Vinci, foi roubado do
museo parisiense Louvre. A policía tiña como principias sospeitosos a Pablo
Picasso e o seu poeta e amigo Guillaume Apollinaire. Por esa razón, foron detidos
e interrogados. De todas as maneiras, ningún dos dous foi declarado culpable, e foron deixados en liberdade.
Un
galán.
Picasso,
ademais dun xenio da pintura, era un sedutor, característica que o levou a ter
moitas mulleres, a maioría máis novos ca el. Entre elas destacaron: Fernande
Olivier, Marcelle Humbert, Gaby Lespinasse, Olga Khokhlova, Marie-Thérèse
Walter, Dora Maar, Françoise Gilot, Geneviève Laporte e Jacqueline Roque.
Nesta fotografía está ca súa segunda muller.
Diversos
períodos artísticos.
Nunha
primeira instancia, entre 1901 e 1904, Picasso usaba cores primarias entre as
que predominaba o azul. Usualmente as escenas retratadas polo pintor eran moi
tristes: adoitaba pintar mendigos. Logo, en 1905 comezou o seu período rosa,
moito máis alegre e festivo, durante o cal pintaba pallasos. Un dos seus
períodos máis curiosos foi o das máscaras africanas, o cal comezou no ano 1908.
Un ano despois, comeza o seu período máis característico: o cubista.
E, xa para finalizar, aquí tedes a Picasso en acción, con 69 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario