NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 10 de febreiro de 2015

SABES QUE ...

Hai cinco entroidos que son os mais famosos do mundo, bueno, para nós seis.

RIO DE XANEIO (BRASIL) A RITMO DE SAMBA.



Falar do entroido de Rio de Xaneiro é falar de música e samba, luces e traxes marabillosos. Neses días a samba inunda a cidade coa actuación das Escolas de Samba.
As rúas durante catro días están ateigadas de xente que, canta, baila e leva traxes cheos de luces.

MARDI GRAS (NOVA ORLEANS)



Na cidade de Mississippi, o entroido recibe o nome de Mardi Gras. Durante dúas semanas as rúas de Nova Orleans vense invadidas de carrozas e disfraces. Un dos desfiles mais famoso é o desfile "zulu", que recorre o distrito de Uptown. Aquí as carrozas desfilan a ritmo de jazz.

ENTROIDO DE VENECIA


É de todos os entroidos o mais elegante. Durante dez días, a elegancia e bo gusto están presentes nos espectaculares desfiles de disfraces na Praza de San Marcos; nas procesións en barcos tradicionais, as góndolas, polos famosos canais venecianos.

ENTROIDO DE NIZA



Desfiles de carrozas, charangas, cabezudos e bandas de música recorren estos días unha Niza engalanada e iluminada con miles de bombillas de cores.
O acontecemento mais importante son as batallas de flores, que consisten nunha choiva de flores lanzadas desde as carrozas aos espectadores.

ENTROIDO DE COLONIA




O entroido de Colonia, iniciase todos os anos o día 11, do mes 11, ás 11 horas. É unha festa na que participa toda Alemaña, ata tal punto que é coñecida como A Quinta Estación do Ano.
Durante estes días, chamados "Días tolos", e a pesar do frío, as rúas enchense de xente disfrazada con ganas de pasalo ben.

O ENTROIDO DE XINZO DE LIMIA (OURENSE)


O entroido máis famoso de Galiza é o de Xinzo de Limia, en Ourense. Dura cinco domingos: domingo faraleiro, oleiro, corredoiro, entroido e piñata.
O seu símbolo máis importante é "A Pantaia". As Pantaias visten camisa e calzón blancos, capa vermella, pano, polainas e zapatos negros. Unha faixa tamén vermella, que vai na cintura, xunto cos cencerros que van soando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario