luns, 30 de novembro de 2015

RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS MARTES

Hoxe, imos a recomendarvos aos nenos e nenas de 5º e 6º tres libros que podedes atopar na biblioteca da noso colexio.

O primeiro é "Hugo en el castillo del terror" de Cornelia Funke.

O protagonista Teodoro Ortiz está desesperado. Nada máis instalarse no castelo de Monteoscuro, uns arrepiantes berros e unhas misteriosas aparicións quítanlle o sono.

Quen axudara a Teodoro Ortiz?  E, eses berros de quen serán?


O segundo libro titúlase "As flores radioactivas" de Agustín Fernández Paz, con ilustracións de Miguel Anxo Prado.

Un extraño fenómeno aparece na fosa atlántica ... e quen lle ía a dicir a Alba que ...



E o tercero é, "El hombre con el pelo revuelto" de Daniel Nesquens e con ilustracións de Emilio Uberuaga.

Existiu un home capaz de xirar a cabeza 180 grados. Traballaba nun circo e presentábano como "The man with the revolving head... O home co pelo revolto
- O pelo? O pelo é hair. Cabeza é head...
Ademáis neste libro poderedes aprender que os paxaros exóticos senten envexa polos cabaliños de mar; que as galiñas mecánicas son ...


SÓ TEDES QUE PASAR POLA BIBLIOTECA E COLLELOS.
ADEMÁIS, COMPROBAREDES QUE A VOSA SECCIÓN DE LIBROS TEN AGORA UN NOVO ASPECTO.
PASADE E CONTÁDENOS SE VOS GUSTA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario