NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

mércores, 29 de outubro de 2014

Hoxe tócalle ao famoso escritor de novelas de misterio: ARTHUR CONAN DOYLE
Este ecritor naceu en Edimburgo, o 22 de maio de 1859. Foi o creador dun dos detectives mais famosos das novelas de misterio, Sherlock Holmes. Foi no ano 1876, cando comenzou a carreira de medicina, onde coñeceu ao médico forense Joseph Bell. Este profesor inspiraría ao escritor para crear a figura do famoso dectective. Mientras estudiaba comenzou a escribir historias curtas. A primeira que apareceu publicada foi “ The Mystery of the Sasassa Valley”, antes de que Doyle cumplirá os 20 anos. Despois de exercer de médico en diferentes lugares, no ano 1891 estableceuse en Londres de oftalmólgo. Como el mesmo conta na súa biografía, xa que non entraba ningún paciente na consulta, dedicouse a escribir, sobre todo aventuras do personaxe que lle daría mais pulo, Sherlock Holmes, e polo que Conan Doyle nunca sentiu moito cariño. Incluso nunha carta que lle escribiu a súa nai, dicíalle que quería “matar ao detective”, xa que estaba gastando a súa mente. Ao que a súa nai respondeu “ á xente non lle vai a parecer nada ben”. Finalmente, sen facer caso do consello da súa nai, decidiu matalo na historia titulada “ El problema final”. Pero os lectores británicos tomaron moi mal a norte do famoso detective, tanto que inundaron a Doyle de cartas, unhas suplicando que non o matara, outras ameazandoo, e outras con insultos. O escritor pasou dez anos resistíndose a resucitar ao personaxe, mais ao final Doyle cedeu, e na historia “La casa vacía” fai reaparecer ao famoso detective, Sherlock Holmes. A Arthur Conan Doyle, gustábanlle moito os deportes. Xogou ao “rugby” profesional, ao golf e ao boxeo. Ademais das novelas no que o protagonista é Sherlock Holmes e o seu inseparable axudante Watson, a obra de Conan Doyle é moi extensa. Estas son algunhas das súas novelas mais coñecidas: “Estudio en escarlata”, “Las aventuras de Sherlock Holmes”, “El perro de los Baskerville”, “O regreso de Sherlock Holmes”, “El valle del terror”… SHERLOCK HOLMES
O personaxe de Doyle, é un detective inglés de finais do século XIX, que destaca pola súa intelixencia, hábil observador e por ter un gran razoamento deductivo para resolver os casos mais difíciles. É alto, delgado, irónico, inxenioso e cheo de curiosidade. Sempre vai acompañado do seu amigo e compañeiro o Dr. Watsón ( con quen nunca chega a tutearse. Chámanse polo apelido) Holmes é un home moi amable coas mulleres, aínda que sempre desconfía delas. Nun dos seus casos aparece unha dama chamada Irene Adler, á que Holmes se direxe sempre como “a muller”, xa que rivaliza con ela en intelixencia. É moi inxenioso cos disfraces, fuma en pipa, gústanlle moito as galletas, e non é moi ordenado na vida cotiá. Toca o violín con maestría, é un excelente boxeador e sabe moito de química. Vive con Watson no número 221 de Baker Street, en Londres. O seu gran enemigo, é tamén moi intelixente, o profesor Moriarty, quen acabou coa vida de Holmes, ata que coma xa dixemos, tivo que resucitalo ante a insisitencia dos seus lectores. Son varias as películas que se fixeron do famoso detective. En Londres existe un museo dedicado a recrear o apartamento que se describe nas novelas de Conan Doyle. Este museo está situado na mesma rúa que aparece nos libros, o nº 221 de Baker Street. Curiosidades : A famosa frase “Elemental, mi querido Watson”, non aparece nos libros, e coñecida por aparecer nas películas que se fixeron do famoso detective. Agora vos propoño que fagades de detectives. Estas son algunas das frases de Sherlock Holmes, intentade explicar o seu sentido: - “Lo que un hombre puede inventar, otro lo puede descubrir” - “Nada aclara tanto un caso como exponérselo a otra persona” - “Nada resulta mas engañoso que un echo evidente” - “Sólo la verdad nos hace libres” E aquí vos deixo un capítulo dunha serie de animación dos anos 80 que fixeron basándose neste personaxe. Claro que neste caso representado por animais.

luns, 27 de outubro de 2014

Ola a tod@s, xa que estamos a piques de celebrar o Samaín, que mellor que ir coñecendo alguns e algunhas das escritoras mais famosas da literatura de misterio. Hoxe empezamos coa marabillosa Agatha Christie. Espero que vos guste. Draco.
AGATHA CHRISTIE A RAIÑA DO MISTERIO A escritora Agatha Christie, naceu en Inglaterra no ano 1890. De nena era moi tímida e retraida. Gustáballe mais xogar con amigos imaxinarios que coas bonecas, iste detalle é xa o xermen da súa vocación literaria. Durante a I Guerra Mundial, traballou como enfermeira voluntaria nun hospital, é aí onde xurde o seu primeiro libro, unha historia policial cuxa víctima morría envenenada. A novela titulábase “The mysterious affair at Styles” (O misterioso caso de Styles). O protagonista desta novela é o detective Hércules Poirot, que será xa para sempre o detective da maior parte das súas novelas. Presentou a novela á editorial Hodder and Stoughton, que a rexeitou de inmediato. Mais Agatha non se rinde e proba sorte noutra editorial que tardara dous anos en contestarlle. No ano 1920, despois de facerlle modificar o último capítulo, publícanlle o libro. Deste libro vendéronse 2000 exemplares, unha cifra moi importante para o primeiro libro dunha autora descoñecida. Pero o que realmente lle deu sona, foi cando o xornal “The Weekly Times” mercou o manuscrito para publícalo por entregas. Nese momento Agatha non ve o seu futuro como escritora, para ela o mais importante era a súa familia. Mais como a situación económica da súa nai era moi mala, decidiu escribir outro libro, e xa non deixou de escribir nunca mais. Dous dos personaxes mais importantes das súas novelas son:
Hércules Poirot é un oficial xubilado de orixe belga, cunha gran opinión sobre si mesmo. Caracterízase polo seu bigote e a cara en forma de ovo. Nas novelas de Agatha Christie, o detective sempre plantexa a idea de retirarse e cultivar cabaciñas. É meticuloso, pulcro e moi ordenado. Poirot é xa un personaxe coñecido en todo o mundo.
A señora Marple, é unha solteirona inglesa que vive nunha aldea. Ela non é unha detective, masi sempre ten éxito onde a policía fracasa. Usa o seu instinto e o coñecemento que ten da natureza humana no canto da lupa para buscar pistas. ALGÚNS LIBROS DE AGATHA CHRISTIE: “Asesinato en el Orient Express”, “Un cadáver na biblioteca”, “Morte no Nilo”, “O asasinato de Roger Ackroyd”…