NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

mércores, 29 de abril de 2015

SABEDES QUE ...?

Existe o libro máis pequeno do mundo.
O 13 de marzo de 2013, a editorial xaponesa Toppan Printing publicou o libro máis pequeno do mundo. Apenas mide 0,75 milímetros, e titúlase "Flores das catro estacións".
É un compendio de ilustracións da flora do arquipélago, entre a que podemos encontrar as súas famosas cerdeiras.
O libro só pode lerse co uso dunha lente de aumento. Ten 22 páxinas, e xa está rexistrado no libro Guiness.
É 0,9 milímetros máis pequeno que o que ostentaba ata agora o primeiro posto, "O Camaleón" de Antón Chejov, publicado en Siberia no ano 1996.
Aquí o tedes, ao carón dunha agulla. Impresionante, non si?





domingo, 26 de abril de 2015

CONTOS CORTOS

Argine,  soña a través dos libros.
E soñando, soñando...  Argine acaba vendo a súa casa como un castelo, do que ela é a princesa.
Así é a maxía dos libros.



venres, 24 de abril de 2015

CARTEIS DÍA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA


Esta claro, no noso colexio abundan as e os artistas, e proba delo son os fermosos carteis que algúns e algunhas alumnas fixeron para conmemorar o Día do Libro.
Aquí os tedes.
Moitas grazas a tod@s!!!


xoves, 23 de abril de 2015

martes, 21 de abril de 2015

SABEDES QUE ...

Nos libros podemos encontrar, frases, parágrafos, que en moitas ocasións definen con exactitude aquelo que sentimos ou pensamos nalgunha ocasión.
Como estamos na semana do libro, aquí tedes un deses parágrafos que narra dun xeito moi fermoso o que pode ser a lectura.
O libro é "A historia interminable" do escritor Michael Ende.

"Me gustaría saber", se dijo, "que pasa realmente en un libro cuando está cerrado".
Naturalmente dentro hay sólo letras impresas sobre el papel, pero sin embargo ...
Algo debe de pasar, porque cuando lo abro aparece de pronto una historia entera. Dentro hay personas que no conozco todavía, y todas las aventuras, hazañas y peleas posibles ... y a veces se producen tormentas en el mar o se llega a países o ciudades exóticos. Todo eso está en el libro de algún modo.
Para vivirlo hay que leerlo eso está claro. Pero está dentro ya antes. Me gustaría saber de qué modo.

"La historia interminable" Michael Ende.


domingo, 19 de abril de 2015

CONTOS CORTOS

Entramos na semana do libro e como xa anunciamos, o noso blog tratara estes días, de xeito especial, o mundo dos libros. Un mundo infindo, onde todo cabe: o amor, a alegría, a tristura, o misterio, o medo, a risa, a paixón, as cores, o mar, as estrelas, as galxias, os dinosaurios ...
Por isto, é mioto máis, animámoste a facer surfing polas páxinas dos libros, como este marca páxinas atrapado nun libro.




venres, 17 de abril de 2015

RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES


Este venres temos unha invitada especial na nosa sección. Flor, a nosa Xefe de Estudos, titora da aula de 3ºB, e gran lectora.
Neste video poderedes comprobar que a súa afección á lectura ven xa desde moi nena.
Moitas grazas Flor, por falarnos dunha das túas coleccións preferidas.


martes, 14 de abril de 2015

SABEDES QUE ...?

Cando chegamos das vacacións de Semana Santa, na nosa biblioteca esperábanos unha sorpresa, e como todas as boas sorpresas, esta é fermosa.

Unha máxica pintura dun dos personaxes mais marabillosos da literatura universal "O Principiño", do que xa falamos noutra entrada do noso blog.







Sabedes quen a pintou? 


Pois este é o artista, Iago Dominguez Barreiro, fillo de María a nosa Directora.
Iago estudou Bacherelato de Artes no I.E Adormideras, e mais tarde licenciouse en Bellas Artes na Facultade de Pontevedra. 
Xa tan novo, ten varias exposicións feitas, tanto individuais como colectivas.
Exposicións individuais: Sala Aurelio Aguirre (2011); Restaurante Maricastaña (2012); Asoc. Cultural Laverca (2012); Restaurante Alquimia (2013); Cervezoteca Maite (2014).
Exposicións colectivas: Proxecto Tunel E.Pablo Picasso (2013); I Feria de Arte de Invierno Sala Arga (2013); Sala Aurelio Aguirre (2014);  Galería Atlántica Centro de Arte "Por amor al arte" (2014);  CITINART (2014. Exposición individual e pintura en vivo).
Tamén impartiu talleres e ten varias pinturas murais.

Estas son algunas das súas fermosas obras, que ademáis de ter unha gran calidade pictórica, tamén teñen unha importante carga emocional.



Pois agora xa sabedes quen foi o artista, que mentres nós estábamos de vacacións, estivo pintando ese fermoso "Principiño", que enche de luz o noso lugar de historias, contos, imaxinación...

Moitas grazas Iago.



domingo, 12 de abril de 2015

CONTOS CORTOS

Como sabedes o 23 de abril é o Día do Libro. Por iso, no blog da nosa biblioteca, imos a procurar este mes que as nosas seccións teñan relación coa nosa paixón polos libros.
Empezamos hoxe cun corto sobre o conto "O increible neno come libros". O autor é o australiano-irlandés Oliver Jeffers, autor e ilustrador.
O libro ven con advertencia: "Por favor, non intente comerse o libro na casa".
Esta é a contraportada do libro. Que vós parece?



E estas son algunhas das súas fermosas ilustracións:





Este é o Conto Corto do"Increible neno come libros".



venres, 10 de abril de 2015

RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES

Este venres o noso compañeiro da clase de 2ºB recoméndanos a lectura do libro "Primeiro Atlas de Gerónimo Stilton".

Moitas grazas pola interesante achega!






mércores, 8 de abril de 2015

SABEDES QUE ...

HAI VARIOS TIPOS DE TARTARUGAS?




Imos a empezar polas tartarugas mariñas.

As tartarugas mariñas son reptiles con cuncha que existen hai mais de 150 millóns de anos e puidieron sobrevivir a todos o cambios do planeta.
Tiveron a súa orixe na terra, pero pouco a pouco foron evolucionando e adaptándose ao medio mariño, diferenciándose do resto dos réptiles.
Existen oito especies de tartarugas mariñas, agrupadas en dúas familias, e xeralmente viven en mares mornos ou cálidos. Desas especies cinco encóntranse no Brasil. Na Costa Andaluza hai exemplares de dúas especies, a tartaruga laúde, e a tartaruga boba. O resto de especies son a tartaruga verde, tartaruga carei, tartaruga bastarda e tartaruga olivácea.


Neste vídeo, poderedes ver as súas características:


O outro gran grupo de tartarugas, son as de terra. E dentro delas as mais famosas son as tartarugas das Galápagos. Aquí tedes un video para contemplalas en toda a súa grandeza.



Como xa sabedes moito sobre tartarugas, e seguro que moitos víchedes a película "Buscando a Nemo", aquí tedes a famosa escena das tartarugas. Que a disfrutedes!!!


martes, 7 de abril de 2015

MARTES DE MONÓLOGOS

Hoxe empezamos os "Martes de monólogos". Aquí tedes a este fantástico neno, Rodrigo Utrillo falándonos do colexio, dun xeito moi humorístico e facendo un exercicio de crítica. É moi sano rirse dun mesmo de cando en vez.
Vos animades a escribir un monólogo?