NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 31 de marzo de 2016

VENRES DE POESÍA. MANUEL MARÍA





O Mar

Ti nunca fiches o mar,
cos seus berros bruadares,
coas súas escumas de prata,
cos barcos e os pescadores.


- Ti nunca viches o mar
a tecer e destecer
ondas azuís que van
a praia mansa a morrer?


E ti non sabes que o mar
é unha inmensa longura
auga e ceo, ceo e auga,
maxestade e fermosura?


- Ti nunca fiches o mar?
E sabes que non repousa o mar.
-Se nunca viches o mar
non viches ningunha cousa.

                                              Manuel María.




mércores, 30 de marzo de 2016

E TI, QUE PINTAS


Hoxe imos a coñecer o pintor elexido polas compañeiras e compañeiros da aula de 2ºB. Georges Pierre Seurat.

Aquí tedes dous vídeos para empezar a comprender a súa interesante e orixinal obra. O vindeiro xoves, saberemos máis da súa biografía e obra artística.

Disfrutade!!!













martes, 29 de marzo de 2016

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS E CONTOS PARA AS NENAS E NENOS REFUXIADOS EN LESBOS.


Como xa sabedes a nosa sección dos mércores titúlase "Sabedes que...? e sempre a dedicamos a temas do noso interés, curiosidades, a nosa contorna...
Nesta ocasión o tema, como xa veredes é, non só do noso interés senón do interés de todos os cidadáns do mundo.

Unha das maiores lacras da nosa historia son as guerras. Os motivos polos que os seres humanos acabamos provocando conflitos que só levan á morte inxusta de moitas persoas e a destrución de países enteiros, por desgraza, ten que ver, case sempre, con decisións equivocadas e con países dirixidos por dictadores. 
Só cando somos capaces de vivir en democracia, en liberdade; respectando as opinións, as ideas, as relixións, aínda que sexan diferentes as nosas, das outras persoas; poderemos vivir en paz.

Neste momento no mundo hai moitos países que están en guerra, cando esto acontece case sempre é a poboación civil a que carga coas peores consecuencias. E dentro desa población son os nenos e nenas os máis perxudicados.

O pobo Sirio é un destes paises. Familias enteiras tiveron que abandonar o seu fogar, o seu país. Agora están en campos de refuxiados e precisan a nosa axuda. Por iso desde o colexio imos a facer unha Campaña de recollida de alimentos e contos. 
Os alimentos porque é a primeira necesidade de todo ser humano. Os contos porque igual que alimentamos o corpo, tamén necesitamos alimentar a nosa mente.
Para estes nenos e nenas, que non teñen nada, un conto pode ser un motivo de alegría e de axuda para, durante un anaco de tempo, esquecer a inxusta situación na que están vivido. Por iso, precisan a nosa axuda e desde o colexio contamos con tos@s vós.

Aquí podedes ver algunhas imáxenes dos Campos de refuxiados. Estas fotografías sacounas Laura Lizancos Mora, unha amiga que o deixou todo para ir a axudar a estas familias e que teremos a honra de coñecela o vindeiro venres.

Un campo de refuxiados visto desde o aire.



Facendo cola para poder coller algún alimento



Un ovo cocido e un vaso de leite.



Alimentos que van chegando desde moitas partes do mundo.


Roupa.



Afortunadamente a moitas persoas que deciden deixar a súa vida, para axudalos.


Nen@s no campo de refuxiados.






Un can é un motivo de alegría. Sempre o son. Só con cariño o canciño xa non quere marchar.





Laura Lizancos no campo de refuxiados, sempre cun sorriso.





Como ya sabéis nuestra sección de los miércoles se titula "Sabéis que...? y siempre la dedicamos a temas de nuestro interés, curiosidades, nuestro entorno...
En esta ocasión el tema, como ya veréis es, no sólo de nuestro interés sino del interés de todos los ciudadanos del mundo.

Una de las mayores lacras de nuestra historia son las guerras. Los motivos por los que los seres humanos acabamos provocando conflictos que sólo llevan a la muerte injusta de muchas personas y la destrucción de países enteros, por desgracia, tiene que ver, casi siempre, con decisiones equivocadas y con países dirigidos por dictadores. 
Sólo cuando somos capaces de vivir en democracia, en libertad; respetando las opiniones, las ideas, las religiones, aunque sean diferentes las nuestras, de las otras personas; podremos vivir en paz.

En este momento en el mundo hay muchos países que están en guerra, cuando esto acontece casi siempre es la población civil a que carga con las peores consecuencias. Y dentro de esa población son los niños y niñas los más perxudicados.

El pueblo Sirio es uno de estos paises. Familias enteras tuvieron que abandonar su hogar, su país. Ahora están en campos de refugiados y precisan nuestra ayuda. Por eso desde el colegio vamos a hacer una Campaña de recogida de alimentos y cuentos. 
Los alimentos porque es la primera necesidad de todo ser humano. Los cuentos porque igual que alimentamos el cuerpo, también necesitamos alimentar nuestra mente.
Para estos niños y niñas, que no tienen nada, un cuento puede ser un motivo de alegría y de ayuda para, durante un trozo de tiempo, olvidar la injusta situación en la que están vivido. Por eso, precisan nuestra ayuda y desde el colegio contamos con tos@s vosotros.

Aquí podéis ver algunas imáxenes de los Campos de refugiados. Estas fotografías las sacó Laura Lizancos Mora, una amiga que lo dejó todo para ir a ayudar la estas familias y que tendremos el honor de conocerla el próximo viernes.

venres, 18 de marzo de 2016

VENRES DE POESÍA

Empezamos as vacacións de Semana Santa, cun poema do escritor das Letras Galegas 2016, Manuel María. Se xa coñecemos os poemas dedicados ao Sol e a Lúa, hoxe tócanos O Arco da Vella.




O arco da vella.

O arco da vella
no ceo subido
co seu colorín,
co seu colorido.


O arco da vella
con sete colores
que tejen, no ceo,
beleza de flores.


O arco da vella
no ceo chantado
co seu colorín
co seu colorado.


O arco da vella 
é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.


O arco da vella
de luz feito é.
Resulta un milagre
que siga de pé.

                                          Manuel María.

mércores, 16 de marzo de 2016

E TI, QUE PINTAS?

Imos a coñecer máis detalles do pintor Wassily Kandinsky, do que xa vimos un video o pasado aoves.


«Todo se volvía claro...
a descrición dos obxectos perdía todo sentido...
no cadro só quedaban as cores:
 un abismo abríase aos meus pés»


Esta frase foi pronunciada por Kandinsky en 1908,  dous anos antes - aínda que para algúns cinco, pois hai bastante controversia sobre a data na que foi pintada esta acuarela- de que crease un dos cadros máis relevantes da súa obra e da arte do s. XX. Trátase da imaxe que vos presento a continuación, un pequeno debuxo que nos escritos de Kandinsky aparece catalogado como primeira acuarela abstracta.






Que é o que vemos? Como o describiriamos? Obviamente, se o patrón que pretendemos recoñecer son figuras, obxectos, ou persoas pintadas con máis ou menos destreza no cadro, non atoparemos nada. Kandinsky desde facía anos non tiña interese en definir obxectos.

A arte abstracta negarase a pintar a realidade
 existente para concentrar a forza
expresiva da obra
nos seus aspectos cromáticos,
formais ou estruturais.

Na pintura abstracta, a obra de arte convértese nunha realidade autónoma, sen conexión coa natureza e, como consecuencia, xa non tenta representar homes, paisaxes, casas ou flores, senón simplemente combinacións de cores que tentan expresar unha necesidade interior de significar. Pero vaiamos paso a paso e vexamos que isto non é froito da ocorrencia dun día, senón un proceso, unha procura que a Kandinsky ocupoulle a súa vida enteira.

Nos cadros que ides a ver a continuación poderedes ver ese proceso cara a abstracción:
















Impresionante Kandinsky, non si?















«Todo se volvía claro... 
la descripción de los objetos perdía todo sentido...
en el cuadro sólo quedaban los colores:
 un abismo se abría a mis pies»

Esta frase fue pronunciada por Kandinsky en 1908,  dos años antes - aunque para algunos cinco, pues hay bastante controversia sobre la fecha en la que fue pintada esta acuarela- de que crease uno de los cuadros más relevantes de su corpus de obra y del arte del s. XX. Se trata de la imagen que os presento a continuación, un pequeño dibujo que en los escritos de Kandinsky aparece catalogado como primera acuarela abstracta.

¿Qué es lo vemos? ¿Cómo lo describiríamos? Obviamente, si el patrón que pretendemos reconocer son figuras, objetos, o personas pintadas con más o menos destreza en el cuadro, no encontraremos nada. Kandinsky desde hacía años no tenía interés en definir objetos.

El arte abstracto se negará a pintar la realidad
 existente para concentrar la fuerza 
expresiva de la obra 
en sus aspectos cromáticos, 
formales o estructurales.

En la pintura abstracta, la obra de arte se convierte en una realidad autónoma, sin conexión con la naturaleza y, como consecuencia, ya no intenta representar hombres, paisajes, casas o flores, sino simplemente combinaciones de colores que intentan expresar una necesidad interior de significar. Pero vayamos paso a paso y veamos que esto no es fruto de la ocurrencia de un día, sino un proceso, una búsqueda que a Kandinsky le condujo su vida entera.

SABEDES QUE ...

NA NOSA CIDADE TEMOS UN LUGAR MOI FERMOSO CHAMADO OS XARDÍNS DE SAN CARLOS?






 Estes xardíns están nunha situación privilegiada, xa que desde eles podemos observar todo o peirao. 







Neste fermoso lugar podedes atoparvós coa tumba de Sir John Moore, morto na batalla de Elviña.


Como vedes tamén están cheos de romanticismo.

Resultado de imagen de jardines de san carlos coruña


Neles plantáronse moitas especies autóctonas, mais tamén exóticas doutros países.

Os xardíns de San Carlos, gardan unha fermosa lenda que ten que ver coa aparición fantasmal todos os 16 de Xaneiro da que supostamente foi amante do Xeneral Moore.
Falamos de Lady Hester Stanhope.




Lady Hester foi sobriña do primeiro ministro británico Pitt, con quen conviviu en Downing Street. Chegou a ser a raíña da alta sociedade británica, apuntan algunhas crónicas da época.
Mortos Pitt, Moore e Charles, a dama emprendeu unha viaxe polo mundo en compañía dun home 14 anos máis novo. Sufriu un naufraxio, e entre o pouco que puido rescatar estivo unha luva que o seu amado Moore luciu na Coruña.
Cando se cansou do novo mozo, devolveuno ás illas e continúo viaxe. Asentouse no Líbano, onde alugou un mosteiro en ruínas.
En 1823 recibiu a noticia de que o seu irmán James suicidouse despois da morte da súa esposa durante o parto do que ía ser o seu segundo fillo.

Bloqueou as portas con ladrillos e non volveu saír do mosteiro. Só deixaba ir aos seus criados a por auga. Faleceu, desequilibrada e pobre, en 1839.

A lenda di que as noites de todos os 16 de Xaneiro, a pantasma de Lady Hester, regresa aos xardíns de San Carlos para reecontrarse co seu amado. Hai mesmo algún testemuño recolleito nalgunhas publicacións antigas de persoas que aseguran ver a unha fermosa dama vestida de branco cun bonito tocado na súa cabeza, que tras deambular polo corredores dos xardíns, acaba o seu percorrido aos pés da tumba do xeneral Moore para posteriormente desaparecer súbitamente.

Xa sabedes, este xardíns son unha visita obrigada.




Este lugar tan bonito y visitado por los turistas que se acercan a Coruña, guarda una hermosa leyenda que tiene que ver con la aparición fantasmal todos los 16 de Enero de la que supuestamente fue amante del General Moore.
Hablamos de Lady Hester Stanhope.


Lady Hester fue Sobrina del primer ministro británico Pitt, con quien convivió en Downing Street. Llegó a ser la reina de la alta sociedad británica, apuntan algunas crónicas de la época. Muertos Pitt, Moore y Charles, la dama emprendió un viaje por el mundo en compañía de un hombre 14 años más joven. Sufrió un naufragio, y entre lo poco que pudo rescatar estuvo un guante que su amado Moore lució en A Coruña.
Cuando se cansó del nuevo mozo, lo devolvió a las islas y continúo viaje. Se asentó en el Líbano, donde alquiló un monasterio en ruinas.
En 1823 recibió la noticia de que su hermano James se había suicidado después de la muerte de su esposa durante el parto del que iba a ser su segundo hijo.

Bloqueó las puertas con ladrillos y no volvió a salir del monasterio. Sólo dejaba ir a sus criados a por agua. Falleció, desequilibrada y pobre, en 1839.
La leyenda dice que las noches de todos los 16 de Enero, el fantasma de Lady Hester, regresa a los jardines de San Carlos para reecontrarse con su amado. Hay incluso algún testimonio recogido en algunas publicaciones antiguas de personas que aseguran haber visto a una hermosa dama vestida de blanco con un bonito tocado en su cabeza, que tras deambular por lo pasillos de los jardines, acaba su recorrido a los pies de la tumba del general Moore para posteriormente desaparecer súbitamente.



luns, 14 de marzo de 2016

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DOS MARTES.

"Nena e o mar", de Érica Esmoris, cóntanos una fermosa historia dunha Nena que vive nunha vila mariñeira onde todos os seus habitantes perderon a esperanza, todos menos o pai de Nena.

Pero Nena, a protagonista é unha rapaza cunha gran afouteza e ...

Non vos perdades a lectura deste conto, vos gustará seguro.




"Rosa contra los guarrocacas"  de Juan Carlos Chandra,conta a historia de Rosa e a súa panda, cando deciden saír no xornal para falar da súa particular campaña.
Queredes saber que ten de especial a campaña de Rosa e os seus colegas?
PASADE POLA BIBLIOTEA, ALI VOS ESTAN ESPERANDO ESTAS DÚAS FERMOSAS E DIVERTIDAS HISTORIAS!


domingo, 13 de marzo de 2016

xoves, 10 de marzo de 2016

VENRES DE POESÍA





A LÚA

A Señora Lúa
aínda está solteira.
A Señora Lúa:
a Lúa lueira!


A Lúa lueira,
ten gana de troula
e quer ir de rúa!


E quer ir de rúa,
de troula ir quería,
que sinte morriña
e melancolía!



A señora Lúa
a Lúa rueira
como anda de noite,
sempre está tristeira.


Sempre con tristura
e melancolía
que anda pola noite
e dorme de día.


Que a señora Lúa
co sol quere casar.
E andao buscando
sen podelo achar!


A Señora Lúa
a Lúa tristeira:
se non da co slo
quedará soterra.

                                             Manuel María

mércores, 9 de marzo de 2016

E TI, QUE PINTAS?

Hoxe empezamos coa vida e obra do pintor elexido polos compañeiros e compañeiras da aula de 2ºA,
Vasili Kandinski.
Neste video ides a coñecer a súa biografía.





martes, 8 de marzo de 2016

SABEDES QUE ...

NA NOSA CIDADE HOUBO UNHA MULLER Á QUE SE LLE HONRA POLA SÚA AFOUTEZA?

A HISTORIA DE MARÍA PITA E O CORSARIO FRANCIS DRAKE.


Descoñécese a data exacta do seu nacemento. Naceu en A Coruña, no século XVI. O seu nome verdadeiro foi María Maior da Cámara e Pita.


Ignóranse tamén os pormenores da súa infancia. Mais María Pita farase famosa no ano 1589, pola súa valiosa participación no rexeitamento popular á invasión inglesa, que impediu a conquista da Coruña, coa consecuente humillación do famoso pirata inglés Francis Drake.



Francis Drake non foi outra cousa que un corsario, é dicir, un pirata que atacaba aos inimigos de Inglaterra en cumprimento das misións que lle encargaba a raiña inglesa Isabel I. Drake navegaba nos seus propios barcos, quedaba cunha parte do botín e facía o traballo sucio propio das conquistas. De moitas maneiras era un acordo fóra da lei que beneficiaba á coroa inglesa.



Na segunda metade do século XVI os españois, que acababan de conquistar o continente americano e comezaban a extraer das súas minas cargamentos de ouro e prata, eran os inimigos a vencer para Inglaterra. Na guerra de rapiña que establecían ambas as potencias, Drake non só ambicionaba riquezas, senón gloria e poder, que obtivo grazas aos seus ataques bárbaros e sanguinarios.

En canto soldados e corsarios ingleses tocaron terra coruñesa comezaron a facer grandes desfeitas. Eludiron o lume das baterías que protexían á cidade e desembarcaron ao fondo da ría, encamiñándose desde alí por terra cara ao recinto amurallado.

O asedio e a loita prolongáronse durante semanas e a xentes da Pescadería resistiron, a pesar das minas que os invasores fixeron explotar nas murallas. Sanguentos foron os ataques que o inimigo, en número de 12 mil homes, fixo á cidade, apenas defendida polas escasas forzas de que dispoñía o seu gobernador, o marqués de Ceralvo.

O 14 de maio, despois de que estalase unha das minas que abriu brecha aos invasores, estes puideron subir á muralla e enfrontáronse corpo a corpo cos defensores.
No encarnizado combate morreu o marido de María Pita, Gregorio Rocamunde. Un cronista anónimo relata os pormenores: “un alférez inimigo, cunha bandeira na man, subía pola brecha, animando coa voz e o exemplo aos seus; pero una das mulleres que alí estaban, chamada María Fernández da Cámara e Pita, tivo o acerto de matalo, segundo uns dunha pedrada, segundo outros dun arcabuzazo, suceso que acovardou aos inimigos”
Sen dúbida isto dotou de novos bríos aos coruñeses que estaban a piques de renderse.




Dúas horas durou o asalto tras o cal os ingleses tentaron retomar a ofensiva, sen éxito, ata que Drake, humillado e desengañado da súa tentativa de conquista e dadas as graves perdas, ordenou izar as velas do seu galeón o Golden Hind (A cerva de ouro) e dos outros navíos.

Felipe II outorgou a María Pita o grao e o soldo de Alférez dos Terzos polo resto da súa vida, mercé que perpetuou Felipe III para os seus descendentes.

Sobre Francis Drake correu moita tinta; recibiu o trato de sir, que lle outorgara a raíña, e foi recoñecido tamén como o primeiro navegante que cruzou todo o Pacífico, fazaña que non logrou completar Magallanes. Escribiuse que nunca o derrotaron “os seus inimigos humanos, senón unha forte febre que lle ocasionou a morte, en 1596, no Caribe”, pero poucos saben que a coraxe dunha muller á fronte dun pobo mal pertrechado, obrigouno a emprender a retirada.


María Pita, afortunadamente, desde sempre foi recoñecida na súa terra natal. Anualmente (agosto) en Coruña celébranse festas na súa honra, sen que falten a praza, o monumento e desde logo a sala que leva o seu nome e que preside o seu retrato no Museo Rexional. Aínda máis: María Pita é un gran referente, tan actual que os cronistas deportivos non dubidan en mencionala mesmo para subir a moral do Deportivo.


Se desconoce la fecha exacta de su nacimiento. Nació en A Coruña, en el siglo XVI. Su nombre verdadero fue María Mayor de la Cámara y Gallina.

Se ignoran también los pormenores de su infancia. Mas María Pita se hará famosa en el año 1589, por su valiosa participación en el rechazo popular a la invasión inglesa, que impidió la conquista de A Coruña, con la consecuente humillación del famoso pirata inglés Francis Drake.


Francis Drake no fue otra cosa que un corsario, es decir, un pirata que atacaba a los enemigos de Inglaterra en cumplimiento de las misiones que le encargaba la raiña inglesa Isabel I. Drake navegaba nos sus propios barcos, quedaba con una parte del botín y hacía el trabajo sucio propio de las conquistas. De muchas maneras era un acuerdo fuera de la ley que beneficiaba a la corona inglesa. 

En la segunda mitad del siglo XVI los españoles, que acababan de conquistar el continente americano y comenzaban a extraer de sus minas cargamentos de oro y plata, eran los enemigos a vencer para Inglaterra. En la guerra de rapiña que establecían ambas potencias, Drake no sólo ambicionaba riquezas, sino gloria y poder, que obtuvo gracias a sus ataques bárbaros y sanguinarios.

En cuanto soldados y corsarios ingleses tocaron tierra coruñesa comenzaron a hacer grandes destrozos. Eludieron el fuego de las baterías que protegían a la ciudad y desembarcaron al fondo de la ría, encaminándose desde allí por tierra hacia el recinto amurallado.

El asedio y la lucha se prolongaron durante semanas y la gentes de la Pescadería resistieron, a pesar de las minas que los invasores hicieron explotar en las murallas. Sangrientos fueron los ataques que el enemigo, en número de 12 mil hombres, hizo a la ciudad, apenas defendida por las escasas fuerzas de que disponía su gobernador, el marqués de Ceralvo.

El 14 de mayo, después de que estallara una de las minas que abrió brecha a los invasores, estos pudieron subir a la muralla y se enfrentaron cuerpo a cuerpo con los defensores.
En el encarnizado combate murió el marido de María Pita, Gregorio Rocamunde. Un cronista anónimo relata los pormenores: ?un alférez enemigo, con una bandera en la mano, subía por la brecha, animando con la voz y el ejemplo a los suyos; pero una de las mujeres que allí estaban, llamada María Fernández de la Cámara y Gallina, tuvo el acierto de matarlo, según unos de una pedrada, segundo otros de un arcabuzazo, suceso que acobardó a los enemigos?
Sin duda esto dotó de nuevos bríos a los coruñeses que estaban a punto de rendirse.

Dos horas duró el asalto tras lo cual los ingleses intentaron retomar la ofensiva, sin éxito, hasta que Drake, humillado y desengañado de su tentativa de conquista y dadas las graves pérdidas, ordenó izar las velas de su galeón el Golden Hind (La cierva de oro) y de los otros navíos.

Felipe II otorgó la María Pita el grado y el sueldo de Alférez de los Tercios por el resto de su vida, merced que perpetuó Felipe III para sus descendientes.

Sobre Francis Drake corrió mucha tinta; recibió el trato de sir, que le había otorgado la reina, y fue reconocido también como el primero navegante que cruzó todo el Pacífico, hazaña que no logró completar Magallanes. Se escribió que nunca lo derrotaron ?sus enemigos humanos, sino una fuerte fiebre que le ocasionó la muerte, en 1596, en el Caribe?, pero pocos saben que el coraje de una mujer al frente de un pueblo mal pertrechado, lo obligó a emprender la retirada.

María Pita, afortunadamente, desde siempre fue reconocida en su tierra natal. Anualmente (agosto) en Coruña se celebran fiestas en su honra, sin que falten la plaza, el monumento y desde luego la sala que lleva su nombre y que preside su retrato en el Museo Regional. Aun más: María Pita es un grano referente, tan actual que los cronistas deportivos no dudan en mencionarla mismo para subir la moral del Deportivo.