NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

domingo, 18 de decembro de 2022

FELICES FESTAS!!!

Queremos desexarvos unhas Felices Festas e un 2023 cheo de lecturas e encontros felices.
Este vídeo vai dedicado a todas e todos vós, protagonistas diarios da nosa historia.



xoves, 15 de decembro de 2022

mércores, 14 de decembro de 2022

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe unha frase do escritor americano Stephen King, que ao mellor coñecedes polas súas historias de terror, suspense, ciencia ficción e fantasía. E se non o coñecedes, a que estades esperando!




martes, 13 de decembro de 2022

EMOCION(ARTE). O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 A música é unha das artes que máis nos emociona desde o primeiro momento das nosas vidas, e así nolo conta José Manuel Zapata, tenor.

Escoitade!!!




luns, 12 de decembro de 2022

xoves, 8 de decembro de 2022

RAKONTO VERDE

Queredes coñecer a clasificación das plantas e as súas principales características. Pois imos ao reino das plantas!!!










martes, 6 de decembro de 2022

EMOCION(ARTE). O NOSO PROXECTO DA BILIOTECA


Sen dúbida, a música ten a gran capacidade de provocar en nós emocións e lembranzas. Ás veces, somos nós quen buscamos unha canción para afondar nas nosas emcoións, mais noutras ocasións é a música a que provoca que nos sintamos alegres, tristes...

Escoitade este vídeo musical e ide contando que emoción provoca en vós.




 

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR

 Maya Angelou, escritora, poeta, cantante e activista polos dereitos humanos, dixo das bibliotecas...



xoves, 1 de decembro de 2022

mércores, 30 de novembro de 2022

ESCRIBIR A BIBLIOTECA. CONCURSO DE RELATOS "DAME MEDO". THIAGO 3ºA

Hoxe, temos o últimos dos relatos gañadores do Concurso "Dame Medo". O relato é de Thiago de 3ºA, e titúlase "O pallaso".

Moitos parabéns Thiago!!!


O PALLASO



Unha vez había uns nenos que foron á Casa do terror. Un neno viu un pallaso e unha caveira, e claro, asustouse MOITO!!!

Entón el medrou sendo malvado e asasino, pero un día morreu, mais a súa alma estaba viva.

Agora camiña pola noite coa súa alma e asusta ás persoas. Utiliza xoguetes para cobrar vida e quere vinganza.

Aparece nos desaugadoiros, e por moitos lugares. Pero as persoas fixeron un ritual para que morra e que non volva aparecer.

FIN

 

martes, 29 de novembro de 2022

EMOCION(ARTE). O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 Porque todos os días facemos algo importante para as persoas que nos rodean, e expresamos emocións que son importantes para elas...


EVERYDAY PEOPEL FEAT



luns, 28 de novembro de 2022

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

Hoxe, na nosa Comunidade de Booktubers, a recomendación de Iago de 4ºB.  Un libro que xa é un clásico e moi querido por todas as lectoras e lectores. 

Moitas grazas, Iago!!!




domingo, 27 de novembro de 2022

CURTAS ANIMADAS

Nun mundo no que as lámpadas brillan segundo o seu estado emocional, este rapaz séntese perdido coa súa lámpada apagada, mais ás veces, só depende de que saibamos encontrar a nosa propia luz,  esa que todas as persoas  temos.



mércores, 23 de novembro de 2022

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR. CONCURSO DE RELATOS "DAME MEDO"

 Hoxe, temos nesta entrada outro dos relatos gañadores do IX CONCURSO DE RELATOS "DAME MEDO". O de Zoe de 6º A.

Que o desfrutedes!!!

Moitos parabéns, Zoe!!!


A SANTA COMPAÑA


Marta, por moito que lle dixeran que non é real, ela segue pensando que ten razón, que a Santa Compaña existe.


Un trinta e un de outubro, Marta, unha rapaza, vai cos seus amigos a pedir caramelos pola tarde, segundo ela, leva un  disfraz da Santa Compaña e, como de costume, os seus amigos ríanse das súas teorías sobre a existencia dos espíritos, tamén o seu irmá Hugo é dos que ríe esa ocorrencia de Marta.

Cando chegaron os dous á casa, deitáronse. Preto da media noite, Marta levántase ao escoitar un ruído, e vai investigar. Cando chega ao cuarto do seu irmán, non o ve. Asustada, chama ao seu pai e a súa mai, que tamén empezaron a buscalo.

Chegaron ao bosque, xusto cando era a media noite. Foron a unha casa abandonada e empezaron a ver espíritos guiados por Hugo, cunha cruz na man. Asustados, volveron para casa de novo.

Ao día seguinte, a familia foi á policía e dixeron que Hugo non estaba. O buscaron... foi atopado morto cunha cruz no peito.


FIN

martes, 22 de novembro de 2022

EMOCIONA(ARTE). O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA.

 Aquí vos deixamos unha proposta de rap, para aprender a letra e facer unha coreografía. Coa letra deste rap de Danay Suárez, Yo aprendí, podedes expresar co voso corpo o seu significado.




Yo aprendí que la mayoría de las veces

Las cosas no son lo que parecen

Que somos una especie que se especializa en mentir

Para así construir un porvenir con mentiras


Cuenta cuantas veces hacemos desaparecer

Con solo una frase lo que no quisiéramos perder

Se nos va la vida, vamos dejando correr

El tren con el amor que sólo pasa una vez


Yo aprendí a no burlarme de nadie con arrogancia

Porque yo no sé cuáles serán mis circunstancias

Y la elegancia, sólo es cosa de ego

La ropa con la que mejor me veo es la del alma


Yo aprendí que la calma es buena consejera

A la hora de tomar decisiones certeras

Que yo no soy la más lista

Pero con el oportunista debo ser una fiera


Yo sé que uno se puede equivocar

Como un ser humano normal

Que tiene mucho valor que te perdonen

Pero más perdonar

Que no se puede pisotear la palabra

Pisotear la moral

Que el amor no basta cuando el respeto no alcanza

Es como arar en el mar


No soy mejor que nadie, nadie es mejor que yo

Aunque yo no entienda como todos quieren parecerse

Como la gente se clona pierde su propia voz

Y no saben hacia dónde caminar al levantarse


Yo aprendí que querer saber todo lo que piensan

Con respecto a mí, es ser mi amenaza

Es abrirle la puerta a la envidia y

Decirle: Cómo está señora?, entre, está en su casa!


Que pasan las cosas

Pero los errores pesan, porque luego se arrastran

Porque luego te aplastan como cadenas del alma


Yo sé como se extraña a un hermano cuando te hace falta

Yo sé a veces, el que más sufre, el que más te ama

Yo sé que tendré otras madrugadas donde no tengo ni almohada

Ya yo comprendí que la vida es linda pero no es un cuento de hadas


Yo sé que uno se puede equivocar

Como un ser humano normal

Que tiene mucho valor que te perdonen

Pero más perdonar

Que no se puede pisotear la palabra

Pisotear la moral

Que el amor no basta cuando el respeto no alcanza

Es como arar en el mar

luns, 21 de novembro de 2022

domingo, 20 de novembro de 2022

25N. IMOS MUDAR O CONTO!

 

A través desta representación do conto "La Bella y la bestia", imos reflexionar sobre os mitos do amor romántico. Este é só un dos contos, hai moitos máis, que nos fixeron crer na existencia de principes azúis (que xa sabedes que non existen). Pero eses contos crearon estereotipos que fixeron e están a facer moito dano.

Escoitade e reflexionade!!!



xoves, 17 de novembro de 2022

mércores, 16 de novembro de 2022

GAÑADORAS E GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS "DAME MEDO"

 Cada semana iremos colgando un dos relatos gañadores do noso Concurso de relatos "Dame medo".

Moitas grazas a todas e todos os que participáchedes no concurso, foi moi difícil para o xurado a escolla. Pero o vindeiro ano contamos coa vosa sempre creativa e xenerosa participación.

Esta semana o de Óscar Domínguez Senín de 6ºB, co título...


PECHA AS PORTAS




Érase unha vez un home que traballaba de vixiante nocturno nun parque de boas. Chamábase Afalopio e tiña que estar nunha sala de vixiancia, dende as 12 ata as 6 da mañá. Ata que un día pasou algo...

Era un día calquera de traballo, foi á sala e púxose co teléfono a xogar e ver vídeos. Quedouse durmido ata que escoitou algo moi forte, mirou as cámaras e notou que faltaba o animatrónico. Mirou todas as cámaras e comprobou que o animatrónico estaba detrás del. 

Saiu correndo e escondeuse no baño. De súpeto, escoitouse un ruído e revisou cada rincón, mais non atopou nada. Saiu pensando que o animatrónico xa non estaba, pero... apareceu outra vez por detrás del.

O home correu e agachouse na sala de vixiancia. Pechou e reforzou todo e logo, relaxouse. Pasou un tempo, e el xa case esquecera o acontecido, mais de súpeto un brazo...zas... o animatrónico colleu ao home polo pescozo e o ía comer, pero el foi rápido e sacou a escopeta e... PUM PUM PUM, disparoulle tres veces na cabeza, burlándose do animatrónico.

Sentouse na cadeira para descansar, pero... CRACK, ese foi o son do pescozo do home.

Á mañá seguinte, a policía estaba intentando averiguar que pasou, mais nunca o descubriron.



luns, 14 de novembro de 2022

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

 Hoxe, na nosa Comunidade de Booktubers, a recomendación da nosa compañeira, Manha Atif de 4º A.


Moitas grazas, Manha!!!




xoves, 10 de novembro de 2022

RAKONTO VERDE

 Seguimos  a celebrar o magosto, coñecendo un pouco da súa historia.O Magosto é unha festa tradicional tan arraigada na cultura popular galega como as colleitas e a árbore responsable da mesma. Os castiñeiros forman parte esencial da paisaxe galega desde hai moitos séculos. Galicia debe os seus castiñeiros aos romanos, que trouxeron unhas variedades de árbore máis produtivas que as autóctonas que se estenderon rapidamente pola rexión. Durante os séculos seguintes, a castaña adquire gran protagonismo no ciclo vital e económico das terras. Aproveitados ao máximo, desde a madeira da árbore, até o seu froito e os seus refugallos, esixíase a plantación de soutos nas terras e moitas rendas ou parte delas cobrábanse en castañas, tamén coñecidas como 'o pan dos pobres. Mais, agora, é un manxar que se goza en todas as xuntanzas e vai, case sempre, unido a unha celebración de comunidade.





mércores, 9 de novembro de 2022

MEMORIAS DUN NENO LABREGO.



O 3 de novembro de 1928, nacía o escritor galego Xosé Neira Vilas, autor dun dos libros máis coñecidos para todos e todas as lectoras en lingua galega. 

Este libro ten un dos comezos máis fermosos da nosa literatura e titúlase, Memorias dun neno labrego.


Comeza así...


Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesar do que lle aconteceu por causa miña.No verán ando descalzo. O po quente dos ca- miños faime alancar. Magóanme as areas e nunca falta algunha brocha para espetárseme nos pés. Érgome con noite pecha, ás dúas ou tres da mañá, para ir co gando, restrebar ou xuntar monllos. Cando amañece xa me doe o lombo e as pernas. Pero o día comeza. Sede, sol, moxardos.

No inverno, frío. Ganas de estar arreo ó pé do lume. Muíños apeados. Faladurías de neves e lobos. Os brazos son coma espeteiras para encolgar farrapos. Murnas, fridas, dedos sen tentos.

!Que saben disto os nenos da vila!
Eles ignoran o que eu penso mentres boto ó corpo un gurrucho de caldo con broa. Ou o que sinto cando estou no monte pingando, atereci- do, vendo por entre a chuvia un fantasma bre- temoso en cada árbore.
A aldea é unha mestura de lama e fume, onde os cans ouvean e a xente morre «cando está da man de Deus», como di a madriña. Os rapa- ces somos tristes. Enredamos, corremos tras dos foguetes e ata rimos, pero somos tristes. Temo a probreza e os trafegos da terra aniña- dos nos ollos.
Eu quixera andar mundo. Ir por mares e terrras que non coñezo. Nacín e crieime na aldea pero agora síntoa pequena, estreita. Coma se vivise nun cortizo. Teño pensamentos que non lle podo contar a ninguén. Algúns non me entenderían e outros chamaríanme tolo. Por iso escribo.

Xosé Neira Vilas





martes, 8 de novembro de 2022

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR

 Hoxe imos escribir a nosa biblioteca escolar co marabilloso conta contos que fixeron as compañeiras de EI, para todos os nenos e nenas deste nivel.

Moitas grazas por facer que a mañá do venres fose así de fermosa, e todas cantando ... non vin vella, nin velliña, nin vellón... corre corre cabaciña... corre corre cabazón!


Moitos parabéns e esperando xa o vindeiro conto!!!




luns, 7 de novembro de 2022

EMOCION(ARTE). O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 A felicidade é unha das emocións que máis nos gusta desfrutar e compartir. Por iso, como di esta canción, Don't worry be happy! Non sempre hai que preocuparse, ás veces compartir a felicidade fai que todas nos encontremos ben.

Pois, hai tedes outra proposta de coreografía!!!




domingo, 6 de novembro de 2022

CURTAS ANIMADAS

 HOPE

Un corto animado que reflicte a necesidade de coidar os nosos mares, para que os seres vivos que o habitan podan vivir sen o perigo dos plásticos.




xoves, 27 de outubro de 2022

RAKONTO VERDE

E, xa que estamos a piques de comezar o magosto, imos coñecer algunha historia sobre castiñeiros. Hoxe, a do castiñeiro máis antigo de Galicia.




mércores, 26 de outubro de 2022

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR

 Aquí vos deixamos unha proposta. Este curso desde BIbliotecas Escolares, o lema é: Escribir a biblioteca escolar. 

Iremos deixando frases doutras persoas que falaron sobre as bibliotecas escolares, pero a nosa proposta é que tamén vos escribades algunha e así a colgaremos no blog coa vosa fotografía. 

Animádevos a escribir a nosa bibloteca!

E se o di Mafalda, nós non somos quen para discutirlo!




martes, 25 de outubro de 2022

EMOCION(ARTE). O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 Pois si, as nosas emocións e como as desenvolvamos, poden mudar o mundo e facer del un lugar máis fermoso para todas e todos.

Aquí vai otra proposta de coreografía para esta fermosa canción...



luns, 24 de outubro de 2022

IX CONCURSO DE RELATOS "DAME MEDO"

Ola a todos e a todas, un ano máis, e xa van nove, desde a biblioteca convocamos a todo o alumnado que desexe participar no IX Concurso de Relato Breve "Dame Medo". Aqui tedes unha imaxe con toda a información.

O dito... QUEN DIXO MEDO!!!

ESPERAMOS OS VOSOS RELATOS CON MOITA ILUSIÓN!!!




domingo, 23 de outubro de 2022

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS

Moitas grazas a todos e a todas as que participades neste vídeo, e a todo o alumnado que cada recreo, conta contos, visita de autoras, clubs lectores ... enchedes a biblioteca coa forza da vosa imaxinación e da tan importante colaboración.




xoves, 20 de outubro de 2022

RAKONTO VERDE

 Hoxe, no Rakonto Verde, a Serra do Courel, atravesada polo río Lor, é un lugar de gran fermosura e que foi reflectida polo gran poeta Uxío Novoneyra nos seus poemas.



Se o mundo está feito para soñadores
e todo canto soño eres ti,
o mundo está feito para que te soñe,
e os soños teñen túa voz.

                                 Uxío Novoneyra.





mércores, 19 de outubro de 2022

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR.

 Aquí vos deixamos unha proposta. Este curso desde BIbliotecas Escolares, o lema é: Escribir a biblioteca escolar. 

Iremos deixando frases doutras persoas que falaron sobre as bibliotecas escolares, pero a nosa proposta é que tamén vos escribades algunha e así a colgaremos no blog coa vosa fotografía. 

Animádevos a escribir a nosa bibloteca!

A de hoxe é da escritora nada en Irán, Doris Lessing.






martes, 18 de outubro de 2022

EMOCION(ARTE). O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA.

Aquí vos deixamos unha coreografía chea de enerxía, unha emoción importante para tirar para diante cando as cousas non van tan ben como queremos. Enerxía e alegría!



domingo, 16 de outubro de 2022

CURTAS DE ANIMACIÓN

O poder da imaxinación, sen dúbida, pode axudarnos a levar moito mellor os momentos malos ou regulares.

Aquí vos deixamos a curta de stop motion, El niño, de Andrea Osorio.





xoves, 13 de outubro de 2022

RAKONTO VERDE

 A relación da natureza e a música está presente desde hai moitos séculos na música. Ides a escoitar un dos concertos do compositor italiano Vivaldi, son catro pezas para violín e orquestra inspiradas nas catro estacións

Aquí vos deixamos o outono e as súas fermosas paisaxes!







RAKONTO VERDE

 Hoxe imos coñecer quince curiosidades sobre a natureza que ao mellor non coñecedes!




xoves, 6 de outubro de 2022

martes, 4 de outubro de 2022

EMOCION(ARTE) O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 Este curso seguimos traballando as nosas emocións, e imos facelo a través de expresións artísticas como o teatro textual, o teatro xestual, perfomance e coreografías. Como vedes, tedes moito onde escoller.

Aquí vos deixamos un exemplo de como expresar emcións co noso corpo...




luns, 3 de outubro de 2022

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

Xoel, pechou o curso pasado a nosa andaina pola Comunidade de Booktubers. Este curso seguimos a medrar. Só tedes que pasar pola biblioteca e apuntarvos para falar dese libro que tanto vos gustou, do resto xa nos encargamos nós!




domingo, 2 de outubro de 2022

EMPEZAMOS!!!

Que ganiñas xa de empezar! Este luns ábrense as portas da biblioteca para enchela de historias, xogos, aventuras... o voluntariado xa está a prepararse, as e os Tusitalas tamén, pero agárdannos máis sorpresas.

Despois de dous cursos se poder desfrutala coma sempre... VOLVEMOS!!!



luns, 23 de maio de 2022

FELICES VACACIÓNS! VÉMONOS O VINDEIRO CURSO!

Que mellor xeito de despedirnos ata o vindeiro curso que as derradeiras recomendacións da nosa Comunidade de Booktubers.

Desde o Equipo de Biblioteca, queremos agradecervos as vosas colaboracións, sempre interesantes e a vosa complicidade. 
Compartir lecturas é tamén un acto de xenerosidade que chega, non só aos nosos compañeiros e compañeiras, mais tamén a todas as persoas que entran no noso blog.

Grazas a toda a comunidade educativa que nos axuda a  mellorar cada día. O vindeiro curso volveremos a encher, todos e todas xuntas, este espazo común, de ideas marabillosas.





E xa, para despedirnos, ademais das recomendación de Frainnely e Adrián, unha imaxe da nosa postura favorita para este verán...







Frainnely 2ºB



Adrián 5ºA




domingo, 22 de maio de 2022

CONTOS ANIMADOS

Xa estamos preto das merecidas vacacións de verán. Por iso vos deixamos este corto animado no que, en clave de humor, veredes a importancia da protección solar e de que non nos despite nin unha mosca de protexernos.









 

xoves, 19 de maio de 2022

A FALA

Aínda que os venres sempre temos o Rakonto Verde, hoxe imos facer unha excepción xa que seguimos a celebrar as Letras Galegas, e xunto a ela todas as linguas. No noso colexio temos a gran sorte de contar con compañeiros e compañeiras que falan distintas linguas, aproveitemos esta oportunidade para aprender entre nós a expresarnos noutros idiomas.
Aquí vos deixamos unha canción de Uxía con Tanxugueiras, na que fala disto que vos estamos a contar.



martes, 17 de maio de 2022

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA.

 Hoxe imos falar sobre o poder das palabras, xa que estamos a celebrar as Letras Galegas. As palabras podemos traducilas a moitas linguas, pero non sempre teñen o mesmo significado en cada unha delas. Tamén en cada idioma hai expresións diferentes, porque teñen moito que ver coa paisaxe, coa cultura dese pobo que fala esa lingua concreta.

Mais tamén, as palabras teñen moita importancia, con elas amamos, ferimos, divertimos, axudamos, expresamos emocións... por iso é importante coñecelas e saber utilizalas ben.

Neste vídeo, ides escoitar á escritora vasca Espido Freire falando sobre o poder das palabras.




xoves, 12 de maio de 2022

martes, 10 de maio de 2022

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 Sen dúbida, hai frases, moi importantes na nosa vida, que ata fan que tomemos decisións importantes ou que teñamos a afouteza de tomalas. Por iso, non hai que ter medo a decirlle a outras persoas: grazas, quérote, ou creo en ti.

Nós cremos en vós!

E agora, escoitade ao xogador de baloncesto Fernando Romay.



domingo, 8 de maio de 2022

CONTOS ANIMADOS

 Lost & Found, unha historia de amor na que os coidados, o amor, a tristura, a rabia, o medo... son emocións transmitidas sen diálogos, nin falta que lles fai. Como na vida, ás veces, sobran as palabras e son os feitos os que poden explicar as nosas emocións. 

Intentade identificar as emocións que aparecen ao longo desta historia.

Esperamos que vos guste!




xoves, 5 de maio de 2022

martes, 3 de maio de 2022

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 O ÚNICO QUE PODEMOS DICIR, É QUE O VOSO LIBRO DAS EMOCIÓNS, É MOI FERMOSO!!!

MOITAS GRAZAS POR EMOCIONARNOS!!!


O LIBRO DAS EMOCIÓNS, dos alumnos e alumnas do CEIP. Raquel Camacho



luns, 2 de maio de 2022

domingo, 1 de maio de 2022

CONTOS ANIMADOS

Esta curtamentraxe animada, Hair Love, gañou un Oscar no ano 2020, e a historia ten varias mensaxes importantes. A ver se sabedes cales son?

HAIR LOVE



domingo, 24 de abril de 2022

SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

Que mellor que para celebrar os libros que recibir a visita dunha autora, e se ademais esa autora é María Reimóndez e ben na compaña dunha formiga destemida, nós xa somos felices.

Velaquí o momento tan especial!!!



SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA.

O sábado 23 de abril, foi o Día do Libro, aínda que para nós todos os días o son, sen dúbida sabemos que ben merece un día especial. Como non merecer un día así, ese obxecto que nos acompaña en viaxes, coas emocións, en aventuras que nos levan a illas descoñecidas, a coñecer o esforzo de corredoras que loitan pola igualdade e pola paixón, saber que aínda que sexas tan pequena como una formiga, podes descubrir mundos novos e vivir experiencias interesantes sempre que teñas a curiosidade de aprender. Isto e moito máis aprendemos nos libros, pero o máis importante é, que grazas a eles, podemos converternos en persoas máis libres que saben respectar as opinións doutras persoas aínda que non coincidan coas nosas e que cando lemos información sobre diferentes temas somos quen de distinguir a que é verdade da que pode ter erros.

Os libros, son os compañeiros da nosa imaxinación de da nosa liberdade. Velaquí un vídeo dalgúns compañeiros e compañeiras que falan da súa experiencia no noso Club Lector, Tusitalas, da visita á Biblioteca Ágora e da presenza de autoras e autores na nosa biblioteca.

Moitas grazas polas vosas xenerosas e interesantes aportacións!!! 



xoves, 21 de abril de 2022

RAKONTO VERDE

 Imos escoitar un vídeo sobre a importancia da reciclaxe de papel e a súa relación coas árbores!



martes, 19 de abril de 2022

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 Hoxe na nosa entrada do proxecto, e xa que imos camiño de celebrar o Día do Libro, imos escoitar á escritora Irene Vallejo. Ela escribiu un libro titulado El infinito en un junco, que habla sobre libros, su historia y lo importante que fueron para el crecimiento de las civilizaciones.

Pero nesta curta entrevista, que lle fan no Hay Festival, desde Cartagena de Indias, ela explica porque foron importante os libros na súa vida, e como a salvaron de algo que lle aconteceu cando tiña oito anos.

Escoitade!



COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

Hoxe, na nosa Comunidade de Booktubers, Noa de 3ºB recomenda,  A formiga destemida, da autora María Reimóndez, á que teremos a sorte de escoitar o vindeiro venres 22 no noso colexio. 

Que ganas de compartir con ela esta marabillosa historia!!!

Moitas grazas, Noa!




xoves, 7 de abril de 2022

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

 Hoxe, a nosa Booktuber Nora, de 2ºA, non podía escoller mellor recomendación para seguir a celebrar o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil, que un libro do noso moi prezado Agustín Fernández Paz.

Moitas grazas, Nora!



luns, 4 de abril de 2022

CELEBRANDO A LITERATURA INFANTIL E XUVENIL CON ANDREA MACEIRAS

Sen dúbida, no noso colexio somos moi afortunadas. Todos os cursos temos visitas de autoras e autores moi especiais. Nesta ocasión, Andrea Maceiras e o seu marabilloso libro A folla azul.

Velaquí tedes un vídeo do seu paso polo noso colexio. Xa sempre quedará con nós o seu sorriso e esa nena afouta Husu, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde.

Moitas grazas, Andrea!!!




domingo, 3 de abril de 2022

2 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Os libros e as historias que hai neles, forman parte da nosa vida desde que nacemos. Ao principio, son os arrolos que nos cantan para durmir as nosas mais, pais, avoas, avos... logo veñen os contos antes de durmir, e máis tarde ese feito marabilloso, case máxico, cando entendemos as palabras desas historias, cando aprendemos a ler e metémonos na aventura como se fósemos nós as protagonistas.

Sempre hai libros que nunca esquecéremos, e seguro que algo deles quedou en nós. Hai persoas que grazas á lectura dunha historia, decidiron ser arqueólogas, científicas, carpinteiras... coa idade, hai libros que, cando os vemos, traen a nosa memoria lembranzas de momentos, de amigas e amigos, de lugares. 

E, non esquezades nunca, que os libros, faran de vós persoas máis libres e moito máis felices.

Moitas grazas a todas as compañeiras e compañeiros que participastes neste vídeo!

E moitas grazas a todos e todas por facer da nosa biblioteca un lugar especial!




xoves, 31 de marzo de 2022

RAKONTO VERDE

 Xa que estamos na primavera, imos facer desde este blog unha proposta. Primeiro teredes que escoitar en silencio e con moita atención, A primavera, de Vivaldi. Este músico compuso a peza, As catro estacións, unha para cada unha delas. Foi un compositor do barroco, ao que chamaban en Italia, Il prete rosso, é dicir, o cura roxo, xa que era crego e peliroxo.

Mentres a escoitades, teredes que escribir un haiku que teña relación coa primavera. Seguro que coa axuda de Vivaldi a inspiración será das boas!




martes, 29 de marzo de 2022

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 Hoxe, xa estamos na semana do teatro, imos escoitar un conto narrado por un dos actores de teatro máis coñecidos e queridos polo público. O seu nome artístico é, El Brujo, e ides escoitar como narra un conto de Albert Espinosa, Todo saldrá bien.



domingo, 27 de marzo de 2022

26 DE MARZO, DÍA DO TEATRO

 O teatro é unha das expresións artísticas máis antigas, cos anos foi mudando na súa forma e espacios de representación, pero sempre mantivo a súa esencia, a de contar historias, non só para facer rir ou chorar, ás veces o teatro tamén é un acto de rebeldía ante o que acontece na sociedade.

Sabedes que cando os actores e actrices van estrear unha obra, desexamoslle sorte coa expresión: Moita merda!. Este dito ten a súa orixe desde tempos moi antigos. Cando diante do lugar onde se facía a representación, había moita merda de cabalo, iso quería dicir que a obra tivera moito éxito porque acudira moito público.

Tamén hai unha cor que non gusta nada no mundo teatral, o amarelo. Considérase que esta cor trae mala sorte porque o actor e dramaturgo francés, Moliere, durante a representación dunha das súas obras, El enfermo imaginario, vestido de amarelo, tivo un ataque e morreu. De aí que quedara esta superstición entre a xente do teatro.

Aquí vos deixamos un vídeo cunha pequena historia sobre os inicios do teatro.



martes, 22 de marzo de 2022

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

Hoxe, contamos cun traballo ben fermoso dos alumnos e alumnas de 6ºB de Educación Infantil sobre as emocións. Eles e elas, xunto coa súa mestra Bea, fixeron o seu persoal libro no que nos describen como nos sentimos en cada momento.

Moitos parabéns!!!


 

domingo, 20 de marzo de 2022

21 de marzo, Día da Poesía

Hoxe, no Día de Poesía, queremos lembrar a vida e obra dunha poeta que xa coñecedes, xa que lle dedicaron o Día das Letras Galegas no ano 2021, Xela Arias. Ela entendía a poesía como un acto revolucionario, a poesía para Xela tiña que saír ás rúas, e como non tamén compuxo para grupos de música. 

Aquí tedes un vídeo para lembrar a súa vida e obra, na biblioteca que leva o seu nome, Biblioteca Xela Arias, na Chapela.



xoves, 17 de marzo de 2022

RAKONTO VERDE

 Sabedes cal é a flor símbolo de Ucrania?



A súa orixe atopámola en Norteamérica, e servían de alimento cando se mesturaban con alubias e millo. Co tempo converteuse no símbolo deste país, que adoptou o xirasol como flor nacional. Ucrania é o maior páis produtor e exportador desta flor. Da que por certo comemos sempre as súas pipas!
Como curiosidade, contarvos, que cando medran deixan de xirar. Así que se pasades por un campo de xirasois e vedes algún nunha dirección diferente, pode que sexa o máis maior do grupo.

martes, 15 de marzo de 2022

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 Hoxe na entrada do noso proxecto contamos cun traballo, e nunca mellor dito, emocionate e fermoso. 

O LIBRO DAS EMOCIÓNS DE BRYANNA DE 6ºB DE EDUCACIÓN INFANTIL


Moitas grazas, Bryanna, por este fermoso libro das emocións!!!




luns, 14 de marzo de 2022

domingo, 13 de marzo de 2022

xoves, 10 de marzo de 2022

RAKONTO VERDE.

 Xa que as compañeiras e compañeiros de 3º e 4º, estades a ler A formiga destemida, de María Reimóndez, aquí vos deixamos cinco cousas que ao mellor non sabedes das formigas. Este animal tan pequeno, pero tan intelixente!





martes, 8 de marzo de 2022

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 Neste vídeo ides escoitar a Juan Carlos, exfutbolista, e comprobaredes a importancia da intelixencia emocional, do apoio ás persoas que nos rodean cando están en dificultades, do afecto, e de ser positivos ata nas circunstancias máis adversas. A importancia da empatía coas persoas que nos rodean.




luns, 7 de marzo de 2022

domingo, 6 de marzo de 2022

AS GUERRAS NON ESTÁN NOS VÍDEO XOGOS

 Hoxe, non ides ver un corto animado, ides ver unha realidade, a dunha nena refuxiada. Coas imaxes é suficiente para entender o seu inxusto sufrimento. Para entender que a violencia non leva a ningures, e que só a través do diálogo e o entendemento podemos chegar a acordos que non fagan dano á poboación civil.

As guerras non son vídeo xogos, son unha realidade creada por persoas. Por iso estas imaxes poden parecervos duras, porque son reais. Pero é importante que coñezades o que acontece no mundo para non repetir estas inxustizas. 

O máis insolidario é pensar que mentres non nos pase a nós, só é unha noticia. Iso pensaban os millóns de persoas que hoxe viven en campos de refuxiados.

Pensamos que este vídeo pode provocar na aula un debate, unha reflexión de como podemos mudar o mundo como sociedade.

O vídeo é dunha campaña de Save de Children, do ano 2016. Mudou algo?