NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

sábado, 30 de maio de 2020

xoves, 28 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Hoxe rematamos esta entrada de Historias con Letras Galegas. Unha colaboración dos Equipos de Coordinación da Biblioteca e Normalización Lingüística, da que estamos moi satisfeitas.
O facemos cunha autora moi querida no noso colexio e cun libro que deixou moita pegada en todas nós, Corredora de María Reimóndez. Ed. Xerais.

Moitas grazas a María Reimóndez e a todas as autoras e autores que, xenerosamente e con tanto cariño, compartíchedes con nós este espazo nun momento tan especial!




mércores, 27 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Seguro que cando vexades este vídeo, lembredes a mañá tan divertida e interesante que pasamos @ Tusitalas co escritor Antonio Manuel Fraga e o seu libro Escaquis e Romeu, dous personaxes que xa forman parte da nosa vida como lector@s.

Moitas grazas!!!


luns, 25 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Hoxe, visítanos unha poeta que fixo un almanaque e a cada mes do ano escribiulle un poema. Ela é Antía Marante Arias e recita para todos vós o poema do mes de decembro. 
Cando volvamos en setembro, terémolo na nosa biblioteca  para que os seus versos nos acompañen cada mes.

Moitas grazas, Antía!



HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

A escritora Emma Pedreira, envíanos este vídeo recitando un dos sus  poemas do libro As voces ágrafas, dedicado ao Club Lector de nais e pais " Café con letras violetas".
Tivemos a sorte de compartir con ela un dos clubs lectores e xa non esqueceremos esa tarde na que as risas, a palabra e a complicidade deixaron unha pegada imborrable na nosa biblioteca.

Moitas grazas a todas as que formades este marabilloso club e a Emma Pedreira polo seu cariño!







venres, 22 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Hoxe temos a sorte de contar co noso alumno Daniel e un dos seus contos favoritos. Non deixedes de escoitar este vídeo e, como Dani, animádevos a seguir mandando as vosas historias con letras galegas.

Moitas grazas Dani!!!


xoves, 21 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Que alegría recibir, no noso blog, a poesía e o cariño do autor Antonio García Teijeiro!
O alumnado de 4º de EP, gozaron moito este curso co seu libro Poemar o mar, e nós felices do seu goce coa poesía. A labor de Antonio García Teijeiro a prol da poesía para nenas e nenos, sempre terá o noso agradecemento como lector@s e, a súa cercanía, o noso cariño.
Atent@s alumnado de cuarto, os videos teñen sorpresa!





Aquí tedes os dous vídeos que nos enviou!

Moitas grazas!












martes, 19 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

A ilustradora e escritora Laura Veleiro, visita hoxe o noso Rakonto para contarnos unha fermosa historia, que ten por título O paxariño do limoeiro. Non vos perdades o conto nin as ilustracións!



Moitas grazas! 


HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Sabedes quen nos visita hoxe no Rakonto, unha autora que tamén é  das mellores contadoras de contos galegas e que tivemos a sorte de escoitar e compartir historias con ela na nosa biblioteca.

Ela é... Charo Pita.

Moitas grazas!






domingo, 17 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Que sorte temos coas nosas autoras e autores galegos! Elas e eles xenerosos, enviáronvos tantos vídeos que imos seguir celebrando o maio das letras galegas.
Hoxe temos con nós a unha autora que creou presonaxes como Escarlatina ou A Señorita Bubble que xa sempre quedaran con nós.
Nesta ocasión tráenos unha primicia... tachan... tachan... a primeira páxina do seu último libro Vampira de biblioteca, que teremos a sorte de ler o vindeiro curso.



Moitas grazas!




venres, 15 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Hoxe temos un vídeo moi especial! As mestras e mestres de Educación Infantil quixeron facer a súa especial homenaxe o autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas, Carvalho Calero. 
Como ides ver, prepararon unha fermosa narración do conto deste autor As pitas baixo a choiva.
E, que saibades que seguiremos este mes de maio, mes das nosas letras, con vídeos de compañeiras e compañeiros, así como doutras autoras.
Así empeza... adiante vídeo!


xoves, 14 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS.

No Historias con Letras Galegas de hoxe, temos unha convidada moi especial!

Escoitade, escoitade a Olivia!

Moitas grazas!


mércores, 13 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Hoxe, no Historias con Letras Galegas temos un conto moi viaxeiro. A súa autora, Eva Mejuto cóntanos un anaco desta historia dunhas gatiñas e, que no vindeiro curso,  saberemos como rematan esta andaina tan divertida e interesante. 
Sabedes que Eva é tamén a autora de A casa da mosca chosca e de Corre corre, cabaciña.
O conto, Dez gatiñas viaxeiras, ten unhas ilustracións moi fermosas do ilustrador Victor Rivas.




Aqui tedes o vídeo que nos envía Eva! 
Moitas grazas!








martes, 12 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Quen esta hoxe con nós no Historias con Letras Galegas? Xa vos damos unha pista... unha protagonista moi querida... Lea.



Este é o vídeo que fixo para vós a súa autora, Andrea Barreira.

Moitas grazas!






domingo, 10 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

O primeiro vídeo que nos chega ao noso Historias con letras galegas e cheo de enerxía é...




Aquí tedes o vídeo que nos enviou a escritora Elí Rios.

Moitas grazas!!!




xoves, 7 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Ola a tod@s!

Como xa sabedes o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e, por suposto, non imos renunciar á gran festa das nosas letras. Mais, para que unha festa saia ben e sexa divertida, precisamos, como nos libros, de... unha historia que contar, personaxes, lugares... e o temos todo.
Vós, seredes os nosos personaxes; as historias, as temos nos libros; o lugar, o voso fogar, o xardín... e con todo isto, xa veredes a que montamos.
Só tedes que escoller un conto en galego, contárnolo, representalo sos ou coa vosa familia, o que mais vos apeteza. O enviades grabado nun vídeo a esta dirección de correo (ramonparis@edu.xunta.es)  e os colgamos no blog, na páxina web do colexio e nas nosas redes sociais.
Esperamos con ilusión que nos contedes un conto galego que vos guste especialmente! Podedes empezar a enviar XA!

                Que voen os contos, como se fosen bolboretas!



                                          Ilustración de Great- Oharu