E, QUEN É LUCY? - VOS ESTAREDES PREGUNTANDO-.
AQUÍ A TEDES.
Lucy é o esqueleto máis famoso do mundo. Hai 41 anos, un grupo de paleontólogos descubriu en Hadar, ao nordés de Etiopía, o conxunto de restos fósiles dun australopiteco que viviu Hai 3,2 millóns de anos. Era unha femia de 1,1 metros de altura e tratouse do primeiro achado dun humanoide en bo estado que logra explicar a relación entre os primates e os humanos.
Os traballos de rescate recuperaron o 40% do esqueleto e tras varios estudos confirmouse que esta Australopithecus afarensis xa camiñaba en dúas extremidades inferiores. Ten os pés arqueados como os humanos actuais, o que indica que era bípeda. O achado sitúaa como un devanceiro dos Homo sapiens e tamén como unha conexión evolutiva cos primates.
Era o 24 de novembro de 1974 cando se fixo o descubrimento e na radio soaba Lucy in the sky with diamonds, o éxito dos Beatles, así que ao paleontólogo Donald Johanson pareceulle boa idea darlle un nome ao grupo de ósos que, segundo indicaban as primeiras investigacións, pertencían a unha soa persoa. Nomeouna Lucy e co apelativo seguiu a fama. Tras este descubrimento atopáronse máis de 250 fósiles de polo menos 17 individuos na mesma rexión.
E, XA PARA COMPLETAR PODEDES ESCOITAR "LUCY IN THE SKY WITH DIAMONDS",.
Nunha versión cos catro Beatles como personaxes de animación.
Así empeza:
Picture yourself in a boat on a river
with tangerine trees and marmalade skies
Somebody calls you, you answer quite slowly
A girl with kaleidoscope eyes.
Encantoume esta entrada!!!
ResponderEliminar