martes, 3 de novembro de 2015

UNHA HISTORIA DE SAMAÍN.

A María non lle gustaba nada o Samaín. Non compartía a ilusión das súas amigas, e xa estaba farta das  conversas sobre os traxes que ían levar á festa. Estaba pensando en inventar unha dor de barriga, para non ter que vir ao colexio ese día.
Mais aínda faltaba unha semana.
Todo iso pensaba María, mentres a mestra lles falaba sobre a historia do Samaín. Foi a chamada á porta de Mariel a que a sacou dos seus pensamentos.

Cando Mariel marchou, a mestra achegouse ao seu pupitre e díxolle que tiña que baixar ao ximnasio, que o mestre de Educación Física quería falar con ela.

Chamou á porta e, como non abría ninguén, entrou. Estaba moi escuro, só ao fondo víase unha luz. Aínda que lle tremían as pernas, foi cara ela.
Quería dar a volta, pero lle parecía moito peor chegar á clase e dicir que lle dera medo entrar no ximnasio. Todos se ían a rir dela.
Seguiu avanzando, sen querer tocou algo que semellaba un tea, non sabía o que rozou a súa cara, e ao fondo, envolto en fume, un rostro horrible  coa boca aberta, berraba. O berro era estremecedor.


Quería saír de alí! Xa non lle importaba que se risen dela.

Case sen aire, chegou á porta. Mais, cando abriu, dúas mulleres, unha co rostro pálido e mirada escura, e a outra cos seus longos dedos, a empurraban cara dentro. Non podía saír.



Unha delas sacou a lingua. Movíanse con lentitude.


Correu polo corredor cheo de telas negras e logrou escapar dun esqueleto.



Xunto a cara que seguía berrando, aparecieron dous seres que, lentamente, como se flotaran, dirixíanse cara ela.



Unha voz suplicáballe:

- Quítame o coitelo! Quítame o coitelo!


Agachouse detrás dunha tea, pero alí, enrriba dunhas colchonetas, unha nena cunha serra na man chea de sangue, a miraba sen pestañear.


Por todas partes había seres cheos de sangue, que non pestañeaban, co ollar fixo, mirando cara a ningures.





O último que viu, foi o que ela pensou que era a morte.


- María, esperta!

A súa nai a tiña collida entre os seus brazos. Todo fora un pesadelo de Samaín.

Ou non!

Cando meteu a man no abrigo, camiño do colexio, sacou un papel no que alquén escribira:

"ENTRE AS NOVE E AS DEZ, DEIXA O CAMIÑO PARA QUEN É"

Ningún comentario:

Publicar un comentario