NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

domingo, 30 de setembro de 2018

QUE BEN, UN CURSO MÁIS XUNTXS!!!

Benvidas un curso máis a todas as persoas que formades parte da comunidade educativa do CEIP. Raquel Camacho a este blog da biblioteca, cuxo nome, Rakonto,significa -conto- en esperanto.

Este curso, desde a biblioteca, empezamos con moita ilusión un novo proxecto. O seu título "Galicia en feminino".
Con el teremos a oportunidade de abrir as nosas mentes cara un mundo de igualdade e de respecto entre todas nós. Investigaremos, habera debates, compartiremos información... e recibiremos a visita de persoas que nos axudarán a entender mellor porque a igualdade de xénero é tan necesaria.

Mais, unha visita fundamental na nosa biblioteca é a das nosas autoras e autores. Este ano, como os anteriores, gozaremos da súa compaña e da súa palabra.
E, para empezar a abrir apetito literario, este trimestre contaremos entre outras coa presenza de...




MERCEDES QUEIXAS ZAS











ANDREA BARREIRA FREIJE





As imaxes: Mercedes Queixas Zas: https://twitter.comEl Andrea Barreira: https://www.laopinioncoruna.es