NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

luns, 29 de febreiro de 2016

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DOS MARTES.

Este martes desde a biblioteca vos recomendamos dúas historias moi divertidas:



A Catedral de Santiago está atiegada de xente de todo o mundo ... todos queren ver o botafumeiro, pero ninguén pode imaxinar que só uns minutos despois van presenciar un suceso moi, moi extraño ... prodixioso.




Glub, un peixe molón de cor laranxa e unha manchiña marrón no lombo, vive quentiño e feliz, ata que ...



Este martes desde la biblioteca os recomendamos:


La Catedral de Santiago esta llena de gente de todo el mundo ... todos quieren ver el botafumeiro, pero nadie puede imaginar que sólo unos minutos después  van a presenciar un suceso muy, muy extraño ... prodigioso.



Glub, un pez muy molón de color naranja y una mancha marrón en la espalda, vive caliente y feliz. Pero ...

domingo, 28 de febreiro de 2016

mércores, 24 de febreiro de 2016

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA




Hoxe, queremos lembrar a unha das nosas máis coñecidas e mellores poetas, Rosalía de Castro. O facemos con este fermoso video que fixeron as alumnas e alumnos do noso colexio o curso pasado.



martes, 23 de febreiro de 2016

SABEDES QUE ...

EN GALICIA TEMOS UN PARAISO CHAMADO "ILLAS CIES"?

O arquipélago das illas Cíes está formado por tres illas principais: a illa do Norte ou de Monte Agudo, a illa do Monte Faro, ou Centro e a illa Sur ou San Martiño, e outros pequenos illotes. A superficie total do parque natural protexido é de máis de 3000 ha das que máis de 400 corresponden á área emerxida.
As illas Centro e Norte (do Faro e Monte Agudo) están unidas entre si por unha lingua de area e unha lagoa natural chamada "Lago dos nenos". Estas dúas illas son as únicas que están comunicadas con Vigo mediante un servizo de liña regular de barcos de pasaxe que funciona de xuño a setembro e en Semana Santa.








Este arquipélago, que se atopa situado na boca da Ría de Vigo a 15 quilómetros da cidade, foi declarado Parque Nacional Marítimo-Terrestre das illas Atlánticas de Galicia no ano 2002.



As Cíes gañáronse o apelativo de "illas dos deuses" desde a antigüidade. E non debería estrañar que cativasen a todos aqueles que as visitaban. Un clima cálido e unha escasa precipitación anual (aproximadamente a metade que en Vigo cidade) convértenas nun paraíso da vertente atlántica.






As illas non están habitadas polo que conservan a súa beleza natural. Pódese facer sendeirismo polas rutas sinaladas polos seus bosques e montes con visitas a observatorios ornitolóxicos, faros marítimos, restos arqueolóxicos, miradoiros de beleza indescritible e nove praias de finísima e branca area con augas cristalinas, unha delas reservada para o nudismo, e outras tantas calas perdidas.
Ademáis nestas illas, podemos contemplar as postas de sol máis fermosas.











El archipiélago de las islas Cíes está formado por tres islas principales: la isla del Norte o de Monte Agudo, la isla del Monte Faro, o Centro y la isla Sur o San Martiño, y otros pequeños islotes. La superficie total del parque natural protegido es de más de 3000 ha de las que más de 400 corresponden al área emergida.

Las islas Centro y Norte (del Faro y Monte Agudo) están unidas entre sí por una lengua de arena y una laguna natural llamada lago de los niños. Estas dos islas son las únicas que están comunicadas con Vigo mediante un servicio de línea regular de barcos de pasaje que funciona de junio a septiembre y en Semana Santa.

Este archipiélago, que se encuentra situado en la boca de la Ría de Vigo a 15 kilómetros de la ciudad, ha sido declarado Parque Nacional Marítimo-Terrestre de las islas Atlánticas de Galicia en el año 2002.

Las Cíes se ganaron el apelativo de "islas de los dioses" desde la antigüedad. Y no debería extrañar que cautivasen a todos aquellos que las visitaban. Un clima cálido y una escasa precipitación anual (aproximadamente la mitad que en Vigo ciudad) las convierten en un paraíso de la vertiente atlántica.

Las islas no están habitadas por lo que conservan su belleza natural. Puede hacer senderismo por las rutas señaladas por sus bosques y montes con visitas a observatorios ornitológicos, faros marítimos, restos arqueológicos, miradores de belleza indescriptible y nueve playas de finísima y blanca arena con aguas cristalinas, una de ellas reservada para el nudismo, y otras tantas calas perdidas.


Además, en estas islas podemos contemplar las puestas de sol más bellas.


luns, 22 de febreiro de 2016

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DOS MARTES

Este martes, desde a biblioteca, queremos recomendarvos unha biografía. Como sabedes este xénero literario serve para narrar a vida e feitos dunha persoa. Ás veces, é a propia persoa a que decide contar a súa vida, nese caso falamos de autobiografía.
"Boy" (Relatos de infancia) o escritor Roald Dahl, cóntanos algunhas das vivencias da súa infancia. É uhna autobiografía extraordinaria, como extraordinarias son as cousas que lle aconteceron a este orixinal escritor. Por exemplo, cando case perde o nariz, a terrorífica conserxe ( non como a nosa querida Mariel) que percorría sixilosa os corredores do colexio ...
Tedes o libro na biblioteca, e deberíades de lelo, xa que a diversión está asegurada.




Tamén queremos  recomendarvos " O chapiro verde"  da escritora Marilar Aleixandre.

Un día á avoa queimouselle a tixola e mencionou o estraño trasguiño.... sabedes que pasou?
Pódese vivir sen soñar?

Se queredes averígualo, só tedes que pasar pola biblioteca e coller o libro.


Este martes, desde la biblioteca, queremos recomendaros una biografía. Como sabéis este género literario sirve para narrar la vida de una persona. A veces, es la propia persona la que decide contar su vida, en cuyo caso hablamos de autobiografía.

"Boy" (Relatos de infancia) del escritor Roald Dahl, nos cuenta algunas de las vivencias de su infancia. Es uhna autobiografía extraordinaria, como extraordinarias son las cosas que le acontecieron a este original escritor. Por ejemplo, cuando casi pierde la nariz, la terrorífica conserje ( no como nuestra querida Mariel) que recorría sigilosa los corredores del colegio ...

Tenéis el libro en la biblioteca. La diversión está asegurada.



También queremos  recomendaros " El chapiro verde"  de la escritora Marilar Aleixandre.

Un día a la abuela se le quemó la sartén y mencionó el extraño trasno.... sabéis que pasó?
Se puede vivir sin soñar?

Se queréis averígualo, sólo tenéis que pasar por la biblioteca y coger el libro.

xoves, 18 de febreiro de 2016

VENRES DE POESÍA - MANUEL MARÍA


O poema deste venres titúlase "O Cuco" do noso poeta deste ano, Manuel María.





O Cuco

O cuco, cuco cuqueiro
O cuco, cuco cucón:
Madrugón e cantareiro!
Cantareito e madrugón!


Óese pola carballeira
o vello cuco souril
ao nacer en Primaveira
entre o Marzo e o Abríl:


O vello cuco, cucou
e moito máis cucará!
O cuco non me capou
e nunca me capará!


Polas mañas ben cediño
o cuco canta: "cú - cú ..."
Como o teño por veciño
eu trato ao cuco de tú!

mércores, 17 de febreiro de 2016

E TI, QUE PINTAS?

As compañeiras e compañeiros da clase de 1ºB, escolleron como pintor a Piet Mondrian.
Aquí tedes un video do pintor holandés, que convertiu a natureza en xeometría.
O vindeiro xoves coñeceremos a súa biografía.

Disfrutade este fermoso video!



Las compañeras y compañeros de 1ºB, han elegido como pintor a Piet Mondrian. Aqui tenéis un vídeo del pintor holandés, que convirtió la naturaleza en geometría.
El próximo jueves conoceremos su biografía.

Espero que os guste este hermoso vídeo.

martes, 16 de febreiro de 2016

SABEDES QUE ...?

Na nosa sección de "Sabedes que ...?" imos a empezar unha viaxe polos lugares mais fermosos de Galicia, claro que iso sempre é discutible. Pero como temos que facer unha selección, intentaremos ser o mais obxectivos posibles. Cada xoves coñeceremos un lugar.

Disfrutade da viaxe!!!

 A FERVENZA DO ÉZARO

Esta fermosa fervenza ten a peculiaridade de ser a única de Europa que desemboca no mar. Esta situada a carón da vila que lle da nome, Ézaro, na provincia de A Coruña, e nun dos lugares mais fermosos de Galicia, A Costa da Morte.
Ezaro ten un precioso paseo marítimo bordeando as súas praias e uns xardíns de ilusión, en días concretos ábrense as comportas do encoro e pódese gozar dunha vista preciosa da fervenza no seu maior apoxeo (de día e algunhas veces polas noites) coa súa iluminación é algo espectacular. Tamén ten o museo da electricidade e unha festa preciosa en agosto chamada "A festa dá praia"
Mirade que fermosura!



E aquí tedes un video:




En nuestra sección de "Sabéis que ...?" vamos a empezar un viaje por los lugares mas hermosos de Galicia, claro que eso siempre es discutible. Pero como tenemos que hacer una selección, intentaremos ser lo mas objetivos posibles. Cada jueves conoceremos un lugar.

Disfrutad del viaje!!!

 La CASCADA DEL ÉZARO

Esta hermosa cascada tiene la peculiaridad de ser la única de Europa que desemboca en el mar. Esta ubicada al lado de la villa que le da nombre, Ézaro, en la provincia de A Coruña, y en un de los lugares mas hermosos de Galicia, A Costa da Morte.
Ezaro tiene un precioso paseo marítimo bordeando sus playas y unos jardines de ilusión, en días concretos se abren las compuertas del embalse y se puede disfrutar de una vista preciosa de la cascada en su mayor apogeo (de día y algunas veces por las noches) con su iluminación es algo espectacular. También tiene el museo de la electricidad y una fiesta preciosa en agosto llamada "La fiesta da playa"
Mirad qué hermosura!

luns, 15 de febreiro de 2016

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DOS MARTES

Como xa sabedes todas as nosas recomendacións literarias podedes encontralas na Biblioteca do colexio.

Empezamos con un dos nosos autores mais queridos, Roald Dahl.



A avoa de George ten unhas cousas un pouco raras. A verdade é que non é unha persoa moi agradable. Cre que as eirugas e as lesmas son deliciosas, e o que máis lle gusta son os escaravellos ben renxentes. Nada do que fai George está ben feito a ollos da avoa, e entón George decide ...


Este libro é un clásico da literatura universal, e son moitos os nenos e nenas que  disfrutaron da súa lectura. Convertíndose o seu protagonista nun dos máis queridos personases da literatura norteamericana.
O seu autor e Mark Twain ( que significa dúas brazas, unha medida de profundidade dos ríos) Realmente este é o seudónimo de Samuel Langhorne.
Naceu en Florida, e aos catro anos trasladouse a Hannibal, porto fluvial do Missisipí. Traballou nunha imprenta e pilotou un barco de vapor, tamén foi mineiro e soldado.
No ano 1862 empezou a traballar como xornalista e a firmar co seu seudónimo.

Esta historia, que seguro que vos vai gustar moito, narra as aventuras dun chico, Tom Sawyer, e do seu amigo Huckleberry Finn, a orillas do río Missisipí.

Pasade pola biblioteca e levade este libro, non vos vai a decepcionar.




Que dicir dos Bolechas, se xa o sabedes todo. Mais estes libros dos famosos personases acaban de chegar a nos biblioteca. 

Temos varios como este, pasádevos a coller un.

CONTOS CORTOS

No "Conto Corto" de hoxe, desde a biblioteca, o lugar donde caben todas as historias, e as de amor son algunhas delas, queremos celebrar o amor ao noso xeito.

Aquí tedes un video titulado "Love has no labels" ( O amor non ten etiquetas)

Disfrutádeo!!!





En el "Cuento Corto" de hoy, desde la biblioteca, el lugar donde tienen cabida todo tipo de historias, y las de amor son algunas de ellas, queremos celebrar el amor de una forma especial.

Disfrutad el video!

venres, 12 de febreiro de 2016

VENRES DE POESÍA

Seguimos con poemas do poeta galego Manuel María, ao que se lle dedica este ano o "Día das Letras Galegas"





Inverno

Están os campos nevados,
a xente xunto as lareiras,
os brandos encortellados
e os capós nas capoeiras.

As brandadas de aves frías
a berrar polos nabales.
Son moi pequenos os días
e grandes os temporales!

mércores, 10 de febreiro de 2016

E TI, QUE PINTAS?


Hoxe imos a coñecer mellor a vida deste famoso pintor, Vincent Van Gogh.



Neno de grandes ollos e cabelo avermellado.

Así  era o neno Vincent Van Gogh cando naceu o 30 de marzo de 1850 en Brabante (Holanda). Os seus pais eran Theodorus, un sacedorte protestante, e  Anna Cornelia.
A súa familia tiña un carácter ríxido e conservador. A súa nai ensinoulle a amar a natureza e as obras de arte. Foi o maior de seis irmáns. Os seus preferidos foron Theo e Wil que sempre o apoiaron.




Calado e observador

No colexio sempre foi un neno calado, atento e observador. E tivo moita facilidade para os idiomas. A súa diversión era pasear polo campo, cazar insectos, recoller flores e plantas, e debuxar todo o que vía.




Aos dezaseis anos colocouse de axudante nunha galería de arte da Haia. Aos vinte anos trasladouse a Londres. Alí namorouse por primeira vez, pero non tivo sorte. Empezou a ter un carácter un pouco arisco, como se sempre estivera de malhumor. Posteriormente trasladouse a París.

Traballou de profesor de idiomas en Ramsgate e en Isleworth. Axudaba na igrexa e decidiu estudar Teoloxía. Canso do latín e o grego marchouse a unha mina belga de Borinage. Sentiu vergoña de pertencer a unha familia burguesa e doou toda a súa roupa, comida e calzado a aqueles mineiros tan pobres.



Unha decisión moi acertada. E unha disputa.

Vincent decidiu dedicarse á pintura, En 1880 inscribiuse na Academia de Belas Artes de Bruxelas. Pasou dous anos na casa paterna de Nuenen. En París coñeceu aos impresionistas. En 1888 Vincent trasladouse a Arles, onde conviviu con Paul Gauguin.
A instancias súas, Paul Gauguin instalouse na "casa amarela" (así chamada pola cor das súas paredes) en outubro de 1888, pero a relación foi facéndose máis e máis difícil polo forte temperamento de ambos. No transcurso dunha discusión, Van Gogh chegou a atacar a Gauguin cunha navalla de afeitar; logo, arrepentido daquel arranque, cortouse o lóbulo da orella para expiar a súa culpa e fíxollo chegar a Gauguin, quen, lonxe de conmoverse ante aquela mostra de contrición, xulgábao xa como un tolo perigoso co que non tiña ningunha intención de convivir. Deste confuso lance (pois existen outras versións do mesmo) dan fe dous soados autorretratos do pintor cunha orella vendada; no segundo deles aparece fumando melancólicamente a súa pipa, ensimesmado e sombrío.

Esta era o seu cuarto en Arles.



O vivo colorido e as formas retortas caracterizan as súas obras de Arles entre as que destacan Catorce xirasois, a Casa amarela, Terraza de café pola noite ou a Cadeira de Van Gogh.





As cores dos seus cadros pasaron de ser marróns e escuros a tonalidades moi vivas e intensas. As paisaxes, os retratos e as flores sempre foron os seus cadros preferidos. Pintou máis de 900 cadros.





É un dos pintores que máis autorretratos fixo, como podedes ver neste video.


Aquí vos deixo un enlace onde podedes facer puzzles de cadros de Van Gogh.

Quebracabezas de cadros de Van Gogh




Hoy vamos a conocer mas sobre la vida del famoso pintor Van Gogh.

Niño de grandes ojos y cabello rojizo.

Así es como era el niño Vincent Van Gogh cuando nació el 30 de marzo de 1850 en Brabante (Holanda). Sus padres eran Theodorus, un sacedorte protestante, y  Anna Cornelia.
Su familia tenía un carácter rígido y conservador. Su madre le enseñó a amar la naturaleza y las obras de arte. Fue el mayor de seis hermanos. Sus preferidos fueron Theo y Wil que siempre le apoyaron.

Callado y observador

En el colegio siempre fue un niño callado, atento y observador. Y tuvo mucha facilidad para los idiomas. Su diversión era pasear por el campo, cazar insectos, recoger flores y plantas, y dibujar todo lo que veía.
A los dieciséis años se colocó de ayudante en una galería de arte de La Haya. A los veinte años se trasladó a Londres. Allí se enamoró por primera vez, pero no tuvo suerte. Empezó a tener un carácter malhumorado. Posteriormente se trasladó a París.
Después trabajó de profesor de idiomas en Ramsgate y en Isleworth. Ayudaba en la iglesia y decidió estudiar Teología. Cansado del latín y el griego se marchó a una mina belga de Borinage. Sintió vergüenza de pertenecer a una familia burguesa y donó toda su ropa, comida y calzado a aquellos mineros tan pobres.

Una decisión importante, y una riña.

Vincent decidió dedicarse a la pintura, En 1880 se inscribió en la Academia de Bellas Artes de Bruselas. Pasó dos años en la casa paterna de Nuenen. En París conoció a los impresionistas. En 1888 Vincent se trasladó a Arles, donde convivió con Paul Gauguin.
A instancias suyas, Paul Gauguin se instaló en la "casa amarilla" (así llamada por el color de sus paredes) en octubre de 1888, pero la relación fue haciéndose más y más difícil por el fuerte temperamento de ambos. En el transcurso de una discusión, Van Gogh llegó a atacar a Gauguin con una navaja de afeitar; luego, arrepentido de aquel arranque, se cortó el lóbulo de la oreja para expiar su culpa y lo hizo llegar a Gauguin, quien, lejos de conmoverse ante aquella muestra de contrición, lo juzgaba ya como un loco peligroso con el que no tenía ninguna intención de convivir. De este confuso lance (pues existen otras versiones del mismo) dan fe dos célebres autorretratos del pintor con una oreja vendada; en el segundo de ellos aparece fumando melancólicamente su pipa, ensimismado y sombrío.

El vivo colorido y las formas retorcidas caracterizan sus obras de Arles entre las que destacan Catorce girasoles, la Casa amarilla, Terraza de café por la noche o la Silla de Van Gogh.
A lo largo de su vida sufrió una serie de desequilibrios emocionales que lo llevaron entre otras cosas a cortarse la oreja y a vivir con una serie de trastornos.


Los colores de sus cuadros pasaron de ser marrones y oscuros a tonalidades muy vivas e intensas. Los paisajes, los retratos y las flores siempre fueron sus cuadros preferidos. Pintó más de 900 cuadros.


Es uno de los pintores que ha hecho más autorretratos. Los podeis ver en el último video.

Aquí teneis un enlace en el que podeis hacer puzzles de Vicent Van Gogh:

Puzzles de Van Gogh











xoves, 4 de febreiro de 2016

VENRES DE POESÍA


Con todo o noso cariño, e en lembranza ao tempo compartido, queremos dedicarlle estes versos a nosa compañeira Estrella, que sempre estará entre nós.



Cada estrela, o seu diamante;
cada nube, branca pruma;
triste a lúa marcha diante.

Diante marcha crarexando
veigas, prados, montes, ríos,
donde o día vai faltando.

Falta o día, e noite escura
baixa, baixa pouco a pouco,
por montañas de verdura.

De verdura e de follaxe,
salpicada de fontiñas
baixo a sombra do ramaxe.

Do ramaxe donde cantan
paxariños piadores
que ca aurora se levantan.

Que ca noite se adormecen
para que canten os grilos
que cas sombras aparecen.


Estes versos son da poeta Rosalía de Castro. Pertenecen ao poemario "Cantares gallegos"

mércores, 3 de febreiro de 2016

E TI, QUEN PINTAS?

Seguimos cos pintores do noso proxecto. Nesta ocasión é o pintor elexido polos nenos e nenas de 6A de Educación Infantil; de 1ºA e de 6º A de Educación Primaria.
Este xoves imos ver un par de videos moi interesantes, o vindeiro xoves saberemos máis da súa biografía.
O primeiro é un conto:



Neste imos a ver cuadros de Van Gogh coa música de Beethoven:


Seguimos con los pintores de nuestro proyecto. En esta ocasión es el pintor elegido por los niños y niñas de 6A de Educación Infantil; de 1ºA y de 6º A de Educación Primaria.
Este jueves vamos a ver un par de videos muy interesantes, el próximo jueves sabremos más de su biografía.
El primero es un cuento y el segundo son cuadros de Van Gogh con música de Beethoven.

martes, 2 de febreiro de 2016

SABEDES QUE ..

OS ESQUIOS SON ANIMAIS MOI ECOLÓXICOS?


Esquios que sementan árbores 

Se hai un animal ao que deberiamos agradecer por posuír un descoñecido espírito ecolóxico, son os esquios. En tempos de poucos  alimentos, estes roedores tenden a esconder a súa comida (sementes e froitos secos) enterrándoa no chan. Como a ardilla non posúe unha memoria espacial tan boa, moitas veces esquecen onde a enterraron, sementando sen querer máis dun millón de árbores.
Aquí tedes un video deste fermoso e simpático animal:






Pero se hai un esquio famoso, que vive nun mundo de xeo e, que non abandoa a súa landra é esta:



Seguro que xa a coñecedes!

LOS ESQUIOS SON ANIMALES MUY ECOLÓGICOS?


Esquios que siembran árboles 

Si hay un animal al que deberíamos estar agradecidos por poseer un desconocido espíritu ecológico, son las ardillas. En tiempos de pocos  alimentos, estos roedores tienden a esconder su comida (semillas y frutos secos) enterrándola en el suelo. Como la ardilla no posee una memoria espacial tan buena, muchas veces olvidan donde la enterraron, sembrando sin querer más de un millón de árboles

luns, 1 de febreiro de 2016

NOVIDADE / NOVEDAD




A partir de hoxe os nosos blogues da Biblioteca, Rakonto e Rakonto Pequeno, poderan lerse en varias linguas.

Na columna da dereita encontraredes unha pestaña que pon "Traductor" non tedes mais que premer nel e escoller a lingua na que queredes ler todas as entradas.

Como ao traductor resúltalle dificil traducir do galego, e non é quen de traducir todas as palabras, a partir de hoxe o noso blog será bilingüe, en galego e castelán.

O texto en castelán irá en azul, para poder distinguilo cando se utilice o traductor.

Esperamos que deste xeito toda a nosa comunidade educativa, que é tan rica e tan diversa, poda compartir con nós istes blogues que facemos con ilusión e cariño.






A partir de hoy nuestros blogs de la Biblioteca, Rakonto y Rakonto Pequeño, podrán leerse en varias lenguas.

En la columna de la derecha encontrareis una pestaña que pone "Traductor", hacéis click  y escogéis la lengua en la que quereis leer todas las entradas.

Como a el traductor le resulta dificil traducir del gallego, a partir de hoy nuestro blog será bilingüe, es decir, en gallego y castellano.

Como veis el texto en castellano estará siempre en azul, para poder distinguirlo a la hora de usar el traductor.

Esperamos que esto sea de provecho para toda nuestra comunidad educativa, que es tan rica y tan diversa, y así pueda participar de estos dos blogs que hacemos con tanta ilusión y cariño.