NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 31 de maio de 2016

SABEDES QUE...


OS VAGALUMES SON SORPRENDENTES NA OSCURIDADE?



Si vives nalgunha zona con espazos verdes e amplos, seguramente viches vagalumes no verán, e máis que nada na noite, cando podemos apreciar a súa luz que se acende. Sen dúbida, velos voando como lámpadas pequenas é un espectáculo que a natureza nos agasalla. Se queres coñecelos máis lé estas curiosidades sobre os vagalumes que che farán admiralos aínda máis:

Aseméllanse aos escaravellos

Os vagalumes adoitan asociarse máis ás moscas, e por iso en inglés chámanse firefly (fire é lume e fly é mosca). Pero en realidade parécense moito máis a un escaravello, e mesmo teñen ás duras como todos os insectos deste tipo.





Son bioluminiscentes

Teñen esa luz debido a unha reacción química que ocorre cando o osíxeno mestúrase cun compoñente chamado luciferina.

Os machos buscan parella

Cando vemos o despregamento das súas fermosas luces, xeralmente é que os machos están a buscar parella. Mentres tanto as femias sentan a esperar e utilizan as súas luces cando ven a un macho que lles gusta.

 Coreografía de luces simultáneas

Nalgúns sitios, os vagalumes sincronízanse para brilar e apagarse ao mesmo tempo, nun intento de atraer ás femias. Lamentablemente este fenómeno non se dá en todos lados, senón soamente no sur de Asia e en Tennessee, Estados Unidos. O espectáculo volveuse un evento turístico ao que acoden miles de persoas por ano.






 Os vagalumes poden ser venenosos

Non recomendamos comer vagalumes, porque ao verse atacados comezan un proceso que se chama sangrado reflexo onde liberan unha sustancia química de sabor amargo. Este compoñente é mortal para pequenos vertebrados como lagartixas e paxaros, e aínda que non son mortais para os humanos, si trae consecuencias graves. Entre quen de maneira involuntaria probárono dise que adormenta os beizos e non permite a respiración.






MAIS QUE FERMOSOS SON!!!

E AQUÍ TEDES UN CONTO TITULADO:

"O VAGALUME QUE NO QUERÍA VOAR"

(Adaptación dun conto popular tailandés"

Hai moitos, moitísimos anos, un bosque de Tailandia iluminábase cada noite grazas á luz dos vagalumes. Os animais formaban un enorme grupo que vivía en comunidade dentro dos buracos que había na cortiza dunha árbore milenaria.


Cando desaparecía o cálido sol de verán e un manto escuro cubríao todo, os vagalumes, moi xuntos, saían a bailar. Os seus corpos titilaban como pequenas estrelas resplandecientes. Centos de lucecitas iluminaban a noite, creando un espectáculo visual que emocionaba ao resto dos animais.
Todos os vagalumes gozaban dese ritual nocturno excepto unha, que nunca quería saír a voar coas demais. Ninguén entendía que lle sucedía. Ao contrario que as súas orgullosas compañeiras, ela prefería permanecer oculta no seu agocho da árbore.

Un día, a súa avoíña, unha das vagalumes con máis experiencia na arte da danza nocturna,  quedou falando con ela.

-Querida neta -  rumoreoulle cariñosamente -  Que che sucede? Nunca queres saír a voar connosco e non sabemos cal é a razón. É moi divertido e dános moita pena que sexas a única que non participe neste marabilloso xogo.

-Dáme moita vergoña, avoíña. Cando vexo a incrible lúa iluminando a noite coa súa brillante luz, síntome insignificante. Xamais poderei compararme con ela - contestou lloriqueando a pequena vagalume.

-Iso non é de todo certo, querida neta - quixo consolala a súa avoa . A lúa non sempre ilumina igual as noites do bosque.

A pequena vagalume puxo cara de estrañeza e non soubo que pensar.

- Non che entendo, avoíña. Que queres dicir?

-A lúa non brilla sempre igual, rapariga. Cando está chea, a súa luz invádeo todo e aclara a noite. Pero cando está a crecer ou minguando, o seu brillo é moito menor. Hai días que a lúa é tan diminuta, que, se non fóra por nós, o bosque parecería un escuro túnel. Eses días, o noso traballo cobra maior importancia porque temos a responsabilidade non só de embelecer o mundo en sombras, senón de servir de guías a todos os animais para que poidan orientarse na escuridade.


Que ben se sentiu a pequena vagalume trala explicación da súa avoa! Agora entendía que aínda que era pequeniña, a súa misión era moi importante para a vida do bosque.  A partir dese día, saíu puntual e rebosante de felicidade a compartir o máxico baile de luz coas súas compañeiras.

sábado, 28 de maio de 2016

CONTOS CURTOS

O Conto Curto de hoxe titúlase "The Light". É unha historia para que reflexionedes, xa que desde a reflexión e o debate ordenado podemos chegar a entender aos demáis e dese xeito ser máis libres e mellores.





xoves, 26 de maio de 2016

VENRES DE POESÍA

Hoxe desde o blog da biblioteca vos propoñemos escribir versos xunto co noso poeta reste ano das Letras Galegas.
Aquí tedes a primeira estrofa do poema titulado "O Chifre". Se vos apetece podedes traer os vosos poemas á biblioteca no recreo e lelos ou os deixades e os colocamos no corcho.

Animádevos, alegraríamos moito recibir algún dos vosos poemas!!!



O CHIFRE


Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan chifrador e algareiro
que a todos chama a atención.


A PARTIR DE AQUÍ, O POEMA É COUSA VOSA POETAS!!!

mércores, 25 de maio de 2016

E TI, QUE PINTAS?

Hoxe o noso pintor tamén é galego, Leandro Lamas, o escolleron as compañeiras e compañeiros de 5º.
Aquí tedes unha entrevista feita por un xornalista moi novo, Alfonso Placer Gonzalez.

Do que non hai dúbida, é da alegría e optimismo que transmiten as obras de Leandro Lamas. Non si?






Este é un pequeno exemplo da súa obra:






























martes, 24 de maio de 2016

SABEDES QUE ...

HAI BOLBORETAS DUNHA FERMOSURA ESPECIAL?

Aquí tedes algunhas das máis fermosas:

BOLBORETA DE CRISTAL




BOLBORETA OITENTA E OITO




BLUE MORMON



BOLBORETA PIERIDAE




BOLBORETA PAVO REAL



BOLBORETA MOUCHO


BOLBORETA LYCANEADE



E neste video podedes ver á bolboreta Atlas, a máis grande do mundo. Mide 25 cm.








luns, 23 de maio de 2016

RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES


"O Caribú namorado" é un conto do escritor Xoán Abeleira. Unha fermosa historia que de seguro non vos vai a deixar indiferentes.
Pasade pola biblioteca e volo prestamos!



Na aldea de Nunavut chegou o verán. O número de horas de luz e de claridade foi aumentando e os días ledos foron chegando. Todas as familias estan reunidas na qalgie, a cabana das cerimonias. Esa noite, o xamán Ainuk vai realizar a súa viaxe. O que Ainuk ve é a rota que seguen os caribús ao subiren á costa na busca de pasteiros, e desa rota depende a vida de toda a aldea.

domingo, 22 de maio de 2016

xoves, 19 de maio de 2016

VENRES DE POESÍA

Pode que un dos poemas máis coñecidos de Manuel María sexa "O Carro". Este poema foi cantado por moitos grupos e galegos e non hai festa na que non cantemos este fermoso poema.

Animádesvos?








O CARRO

Non canta na Chá ninguén.
Por eso o meu carro canta.
Canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.

Non hai canto tan fermoso:
fino como un asubío.
Anque é, ás vegadas, saudoso,
faise, no ar, rechouchío.

O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
¡Que fermosa a súa feitura!
¡Que lixeireza a do eixo!

As cousas vanse aledando
por onde o meu carro pasa.
¡Carrétame herba pró gando!

¡Traime a colleita pra casa!

                                      MANUEL MARÍA

E TI, QUE PINTAS?

Aquí tedes o video da saída de 6ºA á fermosa exposición na Fundación Abanca. Contemplamos obras de Picasso, Miró, Dalí, Chagall ... e tamén tivemos a oportunidade de expresar a través da nosa imaxinación, as nosas propias creacións.

"Os espellos empréganse para verse a cara, a arte para verse a  alma " George Bernard Shaw.




venres, 13 de maio de 2016

VENRES DE POESÍA

Hoxe un fermoso poema de Manuel María cantado polo grupo de Teatro de Guiñol, Pirilampo.

Disfrutádeo!!


xoves, 12 de maio de 2016

E TI, QUE PINTAS?

Hoxe o noso pintor é galego, Castelao. O pintor escollido polas compañeiras e compañeiros da aula de 4ºB.




Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é todo un símbolo do nacionalismo galego, un loitador no exilio, que reflectiu na súa obra literaria e pictórica o fondo compromiso que o unía á súa terra, Galicia.
Naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886. Aos once anos emigrou coa súa nai a Arxentina para reencontrarse co pai, que xa marchara primeiro. Á súa volta retomou o bacharelato e cursou estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 1910 comezou a traballar como médico na súa vila, mergullándose na política local. Non obstante, a profesión non lograba satisfacelo e, en 1914, unha crise de cegueira acabaría precipitando o seu afastamento dela. En 1916 obtivo unha praza de funcionario no Instituto Xeográfico e Estatístico de Pontevedra. Comezaba, entón, unha etapa en que Castelao chegaría a converterse no principal referente da arte galega.

O seu labor céntrase na creación plástica, que manifesta a través de cadros e caricaturas -Nós-, mais tamén é tempo de reflexión sobre as relacións entre a arte e a nación, que exporá na conferencia Arte e galeguismo (1919), e que callarán definitivamente tras a viaxe que realiza en 1921 por Europa -Diarios de Arte-. A partir deste momento, a plástica facilitará a súa entrada na literatura con obras como Cousas da vida, Cousas, Os dous de sempre ou Retrincos.

Este retrato de Castelao é coñecido no mundo enteiro.



Este cadro titúlase " O neno das piñas" , un dos seus cadros máis fermosos.







Aquí redes un interesante video sobre a vida e obra de Castelao desde o museo de Pontevedra.



Mais pode que polos debuxos que foi máis coñecido o noso pintor, e nos que reflectiu a realidade da Galicia que lle tocou vivir, sexan istes: 



Hoy nuestro pintor es gallego, Castelao. El pintor escogido por las compañeras y compañeros del aula de 4ºB.





Alfonso Daniel Rodríguez Castelao es todo un símbolo del nacionalismo gallego, un luchador en el exilio, que reflejó en su obra literaria y pictórica el fondo compromiso que lo unía a su tierra, Galicia.
Nació en Rianxo el 30 de enero de 1886. A los once años emigró con su madre a Argentina para reencontrarse con el padre, que ya había marchado primero. A su vuelta retomó el bachillerato y cursó estudios de Medicina en la Universidad de Santiago de Compostela. En 1910 comenzó a trabajar cómo médico en su villa, sumergiéndose en la política local. No obstante, la profesión no lograba satisfacerlo y, en 1914, una crisis de ceguera acabaría precipitando su alejamiento de ella. En 1916 obtuvo una plaza de funcionario en el Instituto Geográfico y Estadístico de Pontevedra. Comenzaba, entonces, una etapa en que Castelao llegaría a convertirse en el principal referente del arte gallega.
Su labor se centra en la creación plástica, que manifiesta a través de cuadros y caricaturas -Nosotros-, mas también es tiempo de reflexión sobre las relaciones entre el arte y la nación, que expondrá en la conferencia Arte y galleguismo (1919), y que cuajarán definitivamente tras la viaje que realiza en 1921 por Europa -Diarios de Arte-. A partir de este momento, la plástica facilitará su entrada en la literatura con obras como Cosas de la vida, Cosas, Los dos de siempre o Retazos.