NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 25 de novembro de 2010

ACRÓSTICOS 5ºA


    JUAN PEDREIRA
A miga de tus amigas,                           
G
uapa y bella, espero que nuestra
U
nión sea para siempre.
A
miga mía.

     DANIEL SOTO
S
úper agua, amiga mía,
Ú
til eres en todo,
R
oñosa a veces.
F
uiste siempre el elixir de la vida.
 
    LORENA MOSQUERA 
M amá del agua, tú.
A ndas alrededor del mundo,
R
odando.

    LAURA PONTE
C
osa más linda,
A
gua.
T
ú lo eres,
A
gua.
R
eina mía,
A
gua.
T
an bonita,
A gua.

    ROQUE TOUCEDA
N unca
I
rritante,
E
xcelente,
V erdadera y siempre bella como tu amiga
E
l agua.

      DIEGO DOZO
A miga agua,eres tan
G uapa como un racimo de
U vas mojaditas de
A gua, tan bonita.

    PATRICIA MELÉNDEZ
A oscuras muchas veces estás,
G ritando sin aliento.
U sas tu voz cristalina que
A mi me gustaría escuchar cada día.

domingo, 21 de novembro de 2010

S.O.L.

O SERVICIO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA  é un recomendador de lecturas, que abrangue un amplo catálogo con máis de 10.000 referencias, un punto de encontro para lectores de todas as edades.
Premede no seguinte enlace para acceder http://www.sol-e.com/

BIBLIOTECA ESCOLAR DIXITAL

No seguinte enlace podedes acceder a biblioteca escolar dixital, unha valiosa ferramenta didáctica para toda a comunidade educativa.http://www.bibliotecaescolardigital.es/

venres, 19 de novembro de 2010

Cando Helena atopou a Herbalúa

Era un lugar cunha cápsula enorme, ao entrar podíase apreciar que cada talo tiña uns minúsculos motores que xeneraban o osíxeno necesario para todas as plantas.
Brais Calvo Teijeira, 6º A

mércores, 17 de novembro de 2010

Pobre auga

   A auga doce está triste
verten nela as porcalladas.
Pobre auga, como cheira!
Miña nai! Danme arcadas!

   A auga salgada está furiosa,
ruxen tempestades,
contra as persoas,
que fan maldades.
        Roque Touceda Lado (5ºA)

OS MAIORES LEN AOS PEQUENOS



Moitas grazas a tódolos nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto de Primaria polas lecturas que lles realizaron aos nenos e nenas de Infantil, primeiro, segundo e terceiro e o tempo dedicado para preparalas.

Os nen@s de 3 anos A desfrutaron moito co conto de Carapuchiña Vermella. ¡Mirade que atentos están!.


Aos nen@ de 5 anos B gustoulles moito o conto de Rita, unha bolboreta moi atrevida que vive no bosque tropical e que non lle ten medo a nada.....ssssssssssssshhhhhhh.....¡escoitade!.........parece que Rita está en perigo.....




Os nenos/as de 1ºA disfrutaron moito co conto" La tortuga que queria dormir" que lles leu Clara Fernández de 4º A
Estiveron moi atentos porque o conto era moi bonito e a nena esmerouse moito para facelo ben.



martes, 16 de novembro de 2010

A auga é a nosa amiga

A auga é bonita,
salgada e clara á vez,
aínda que ás veces é mala,
é a nosa amiga máis fiel.

Hai veces que chora,
canta sonoras cancións,
é a nosa amiga,
é a mellor.
              Aroa García Rilo
                      5ºA

luns, 15 de novembro de 2010

A AUGA

            A auga vai polo río,
      a auga vai polo mar,
      cando eu a miro
      paréceme de cristal.
       
          As gotiñas de auga
      que pola montaña choran,
      as gotiñas de papel
      que marchan e non voltan.
                                                    
                                      Laura Ponte (5ºA)

venres, 12 de novembro de 2010

¡¿Niños o animales?!

Éranse una vez dos niños llamados Fernando y David que estaban jugando solos en el parque al lado de su casa.
 Un día, después de llevar ya mucho tiempo en el parque, los niños vieron un arbusto con unas bolitas naranjas de pinta un poco extraña, ¡pero tan llamativas! Así que sin poder resistir la tentación empezaron a comerlas y... ¡CATAPLUM!¡PLASH!¡BOOOOM!
 ¡Los niños se habían convertido en dos animales! ¡Un conejo y una ardilla! Cuando se dieron cuenta de que no deberían haber comido de aquel fruto ya era tarde.
 Estuvieron discutiendo de quién fuera la idea de probar de aquellos frutos. Hasta que más tarde, un castor paró la disputa, y les dijo que fuera cual fuera el problema que tenían, deberían buscar una solución en vez del culpable. Fernando y David le explicaron todo lo que les había pasado al señor castor y este les dijo que él no sabía cómo solucionarlo, pero que tenía una amiga muy sabia y que estaba seguro de que ella lo resolvería.
 Así que todos fueron a casa de la amiga del castor , que resultó  ser una mofeta.
Uff...¡Pero qué mal olía allí dentro!
 A los dos amigos se les empezó a revolver el estómago, pero lo peor vino cuando la mofeta llevó a cabo su solución y los roció de su asquerosillo  gas.
 Cada vez  tenían peor el estómago hasta que ¡PUAJ!
 ¡Había funcionado! los frutos ya no estaban en sus barrigas y volvían a ser humanos!
 Ese día, Fernando y David volvieron a casa sabiendo varias cosas:
1º-Que no había que comer cosas que no supieran qué eran.
2º- Que no vale de nada pelearse cuando hay un problema.
3º- ¡Que tendrían que darse buenos baños de zumo de tomate para quitarse aquel repugnante olor de encima!
Gabriel Bao Moreno,6º A

xoves, 11 de novembro de 2010

O CASTELAN CAMBIA ALGUNHAS NORMAS

A nova edición da Ortografía de la Lengua Española, non cambia reglas sustanciais pero si ofrece novidades:
-desaparece o til diacrítico de sólo e solo,de este-éste (determinante e pronome) e dos seus femininos e plurais.
-desparece ese til que nos daba traballo explicar: a dos monosílabos con diptongo en palabcademiasras rematadas en vogal ou -n (guion-truhan-hui-fio,riais)
-desaparece o til do o entre números.
-ademáis deixarase de escribir Iraq e quórum; agora escribiremos Irak e
 cuórum .                                         
-desaparecen tamén as letras CH e Ll, quedando polo tanto o alfabeto en 27 letras
-o Y grego, pasa a chamarse YE...
...e algúns outros cambios que xa veremos máis adiante.
De momento todos estos cambios ainda están sen aprobar.Polo que se le na prensa hai moitos membros das Academias Hispanoamericanas que non están pola labor de aprobar ditos cambios e
incluso están un pouco ofendidos por publicalas antes de telas aprobadas e din que algunhas non se van levar a cabo

luns, 8 de novembro de 2010

A auga

As nubes choran a ríos
e os ríos chegan ata os mares;
está fría nos polos,
é a auga, xa o sabes.

Nela hai estrelas e corais
e sereas nadando no mar;
haber, hai moitas cousas máis
coma algún que outro augamar.

Patricia Meléndez Luces (5ºA)

domingo, 7 de novembro de 2010

ME GUSTA LEER


Este video me parece una excelente manera de empezar nuestras publicaciones blogueras porque es bonito y muy motivador.

O mito de Chuvisquimé

Chuvisquimé era unha rapaza que tiña unha familia de millóns de fillos e fillas, tan pobre que apenas tiñan auga para beber.
 Entón un día Chuvisquimé díxolle a Neptuno (Deus grego da auga) :
_ Oh! Neptuno, deus dos ríos , mares, fontes e mananciais.
_Que queres, ser mortal?_ Contestoulle Neptuno.
_ A min trátasme con respecto.
_ Por falarme desa maneira voute castigar a ti e á túa familia, converténdovos no que menos tedes, en auga!_ Sentenciou o deus.
 Entón desde aquel día Chuvisquimé e a súa familia  transformáronse en auga que ía ao río, despois ao mar...
Así foi como naceu o ciclo da auga.
Brais Calvo Teijeira, 6º A

Os problemas do río

Un día,  hai xa tempo, unha nena foi pasear polo campo e atopouse cun río, e tentou de buscar unha ponte, pero escoitou unha voz :
_ Aquí abaixo!
 A nena deu un chimpo e preguntoulle:
_ Como é que estás falando se es un río?
_ É que eu son un río máxico, pero teño moitos problemas
_ e que problemas son eses_ volveulle preguntar a nena.
 O río contestoulle:
_ Un dos meus problemas é que todos os anos  paso polo mesmo proceso, estou tranquilo e comeza a facer calor e evapórome, logo arrefríome e caio dunha nube e ata me conxelo e non me podo mover. Que podo facer_ Pois só tes que esperar a que quente o Sol_ contestoulle anena.
_ Vale, intentarei facelo_asentiu o río.
_ E cal é o segundo problema?_ preguntoulle a nena outra vez.
_ Pois verás, alí adiante hai unha presa feita por castores, que non me deixa marchar de aquí_ respondeulle apenado o río.
_ Oh, pobre. Vou falar con eles_ consolouno a nena.
Cando chegou, os castores preguntáronlle:
_ Que fas aquí?
 Veño para preguntarvos se podedes abrir a presa_ pregoulle a nena.
_ Nós non  temos poder para facer iso, tes que pedirllo ao xefe.
 A nena dixo decidida:
_ Pois vou falar con el, onde está?
_Vive nesa casiña no medio do prado_ sinaláronlle os castores.
Cando chegou atopouse cunha londra á que lle pediu:
_ Ola!, por favor, podes abrir a presa?
_ Que fas aquí, ti pensas que vou estar abrindo e cerrando a presa todo o día_ berrou a londra enfadada.
 Pero a nena explicoulle:
_ Só cho pido unha vez , só unha.
_ Si, si, si, ti pídesmo unha  vez, logo virá outra persoa, e outra, e outra..._  contestoulle a londra.
_ Ademais poderías buscar outro traballo_razoou a nena.
_ Muller, si... vale, abrireina, e  que disfrutes moito._ aceptou a londra.
_ Si, si!_ contestou a nena.
 A londra abriu a presa e o río saíu correndo:
_ Adeus río, pásao ben!
 Desde entón o río divírtese máis, correndo sempre sen parar ata chegar ao mar.
Clara Canzobre Castelo, 6º A

xoves, 4 de novembro de 2010

A incrible historia de Rocío, unha gotiña de auga

 Amañecía no xardín, Rocío encontrábase moi aburrida, suspendida dunha folla nunha árbore. Levaba un bo anaco mirando cara ao chan.
 _ Hai que ver que húmida estou, como me colla o frío...!_ É que a Rocío non lle gusta nada o frío porque queda moi ríxida.
 De súpeto viu  como os primeiros raios do Sol quentaban o chan. A decisión estaba tomada, soltaríase da folla e caería ao chan para non ter máis frío.
 _ Alá vou...!!!_ berrou Rocío mentres se despedía das súas irmás, que quedaban nas follas.
 A travesía foi moi agradable e a aterraxe celebrada por outras que viñan das pozas e da fonte do xardín.
 _ Es moi valente!
 A gotiña sorría e dicía:
 _ Non é para tanto, vós fariades o mesmo.
Cando levaba un anaquiño coas súas amigas e xa non notaba frío, sentiu a necesidade imperiosa de subir. Acompañárona algunhas amigas e comezaron a subir e subir...pensou nalgún momento que nunca deixaría de subir, pero non foi así.
 Encontráronse con millóns e millóns de gotiñas que viñan formando unha enorme nube.
 _Ola, rapazas! Onde ides todas xuntiñas?
 _ Imos cara ao mar do Norte empuxadas por un anticiclón procedente das Azores. Nos próximos días non están previstas precipitacións.
 _Podo ir con vós?
 _ Non che queda outra, o anticiclón é moi forte.
Viaxaron xuntas atravesando cordilleiras, bosques e pronto deixaron a Terra atrás e introducíronse no mar.
 _Que será iso?_ Preguntou Rocío asustada.
 _ É unha enorme borrasca procedente do Norte de Europa!
 _ Imos chocar con ela?
 _ Non sabes a que se vai lear! _ Efectivamente cando a borrasquiña na que viaxaba Rocío  chocou coa enorme borrasca do Norte parecía que ía ser a fin do mundo.
 Houbo vento, lóstregos e a temperatura baixou de golpe.
 _Que che pasa, tes mala cara?_ Preguntoulle Rocío a unha das súas compañeiras.
 _ Non sei, síntome moi pesada.
 _ Tes razón, eu tamén estou mareada, creo que me vou precipitar!
As nubes descargaron as gotiñas que caeron ao mar do Norte.
 Ao principio sentiu frío, pero unha vez que se acostumou parecíalle unha temperatura ideal; o mar tiña unhas enormes ondas e animais cos que podían xogar. Os millóns de gotiñas que había no mar déronlle a benvida ás gotas da borrrasca.
Rocío contenta exclamou:
 _ Eu quero ser coma vós!! Que salgadas sodes!

Carlota Lema Arranz 6º A

martes, 2 de novembro de 2010

A AVENTUREIRA GOTA XE

 Érase unha vez Xe, unha gotiña de auga que ía descubrindo o mundo: descubriu todos os mares, foi pola atmosfera e, cada vez, caía nun país distinto.
 Un día, pasou algo raro: a gotiña caeu nun lugar diferente. Caeu nun encoro. Alí coñeceu a novos amigos e atopou outras antigas. Unha gota, a máis grande de todas, dixo en voz alta:
 _ Todas vostedes van ser utilizadas para que a xente poida beber. Pasarán por tres fases, despois botarémoslle cloro e, por último, serán embotelladas.
 Todas as gotiñas estaban asustadas agás Xe.
   Xe estaba contenta e emocionada, xa que nunca estivera nun encoro, e pensaba que xa o coñecía todo. Ao pasar pola primeira fase os paus, as botellas e as cousas grandes, quedaron atrás. Na segunda fase, as follas e as cousas de tamaño un pouco máis pequeno tamén foron quedando. E na terceira fase, Xe estaba a xogar á pita cega e non puido ver o que pasaba, pero decatouse que todas estaban máis limpas.
 Unha vez rematadas as tres fases, tocoulles a cada mil millóns de gotiñas mesturarse cunha gotiña de clora. Saíron a unha especie de piscina para ser embotelladas. Ao ser embotelladas volveron a xogar á pita cega para non marearse.
 Cando parou o coche que as transportaba, sacaron as botellas e metéronas no centro comercial.
 Pasaron os días e Xe seguía alí, no andel. Ata que un neno sedento colleu a botella e bebeuna enteira, agás unha gota: Xe.
 O neno levou a botella para a súa casa e segue a reenchela, pero Xe segue sen deixarse beber por el.
 Sabela García Blanco, 6º A