NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

luns, 30 de setembro de 2019

RECOMENDAMOS

Empazamos con tres recomendacións que esperamos vos gusten moito. A primeira é unha novela da autora María Reimóndez que titúlase "Lía e as zapatillas de deporte".

Que terán as zapatillas de Lía?

Resultado de imaxes para maría reimóndez

                                                               


Resultado de imaxes para Lía e as zapatillas de deporte


A segunda é un libro de poesía titulado  O meu gato é un poeta, do escritor Fran Alonso.

Un gato poeta!!!

Resultado de imaxes para fran alonso

Resultado de imaxes para O meu gato é un poeta

E a terceira, un comic, Los diarios de Cereza. Os textos son de Joris Chamblain e as ilustracións de Aurelie Neyret.

Resultado de imaxes para joris chamblain        Imaxe relacionada


Cereza quere ser escritora, e gústalle moito resolver misterios.


                                               

venres, 27 de setembro de 2019

BENVIDA!!!





Ola a todas, empezamos un novo curso coa ilusión de compartir con vós lecturas, curtas, opinións, imaxes... todo o que vaia xurdindo polo camiño.

Este  curso é especial, o noso colexio esta de aniversario, cumpre 50 anos, e todas: alumnas, alumnos, mestras, mestres, AMPA, familias, persoal non docente... que empezou alá polo ano 1969 e todas as persoas que estamos agora, temos a ilusión e a ledicia de compartir xuntas este momento.

Por iso, este curso, o proxecto da biblioteca titúlase "Son de palabra". Este título parécenos moi acaido xa que nestes cincuenta anos sempre intentamos demostrar que somos xente de palabra, que intentamos cumprir aquelo que nos propoñemos e, sobre todo, gústanos moito como soan as palabras e empregalas para aprender, comunicarnos, solucionar conflictos...

Gustaríanos compartir con vos a biblioteca, sen dúbida, o lugar máis máxico do colexio. Este curso temos novidades moi interesantes e tamén esperamos as vosas propostas.

E para empezar como é costume, o noso primeiro Conto Curto.

Feliz e literario curso 2019-2020 para todxs!!!



Los fantásticos libro voladores del Sr. Morris Lessmore